Couso, Gondomar

parroquia civil do concello de Gondomar

San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 410 habitantes (210 mulleres e 200 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 393 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 209 homes e 205 mulleres.

Couso
Calvario en Couso, preto do adro da igrexa.
ConcelloGondomar[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′07″N 8°44′30″O / 42.085394444444, -8.7416055555556
Poboación414 hab. (2014)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.

Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.

Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[2]

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é couseiro[3].

Cultura e asociacionismo

editar

Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires. Nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Couso

editar
Lugares da parroquia de Couso no concello de Gondomar (Pontevedra)

As Bandeiriñas | A Bastida | A Boucía | A Feira | As Fonteiriñas | A Fontiña | A Fraga | As Laxes | O Lugar | A Pedreira | A Portela | A Retorta | A Terra do Rei | A Torre | As Vacarías

Parroquias de Gondomar

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar