Morgadáns, Gondomar

parroquia civil e entidade menor do concello de Gondomar

Santiago de Morgadáns é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160.

Morgadáns
Santiago de Morgadáns, igrexa parroquial.jpg
Igrexa parroquial de Santiago de Morgadáns.
ConcelloGondomar[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′37″N 8°43′27″O / 42.110347222222, -8.7240472222222Coordenadas: 42°06′37″N 8°43′27″O / 42.110347222222, -8.7240472222222
Poboación1.205 hab. (2017)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).

Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi definitivamente integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia.

O 7 de agosto de 1932 constituíuse nunha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza[2]. Trala guerra civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Gondomar.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MorgadánsEditar

Lugares da parroquia de Morgadáns no concello de Gondomar (Pontevedra)

A Abelosa | Baralla | A Batizosa | O Camiño Branco | O Carballás | A Carballeira | Os Eidos de Abaixo | As Entreviñas | Ervillás | Gonda | Guillufe | Gulfar | O Lago | Murxido | Os Padróns | A Pedra | O Picouso | Prado | San Roque | Vilas | Viñó | Xende

Parroquias de GondomarEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar