Fiz de Xirona
Fiz de Xirona, ou Fiz, o Africano, tamén Fins de Xirona e Fins, o Africano, foi un mártir xerundense que morreu durante a última persecución de Diocleciano contra os cristiáns, no ano 304.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Século IV África |
Morte | Século IV Xirona, España |
Relixión | Cristianismo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de agosto |
Primeiros anos
editarFiz era un segrar de procedencia africana que predicou o Evanxeo e a fe cristiá en Xirona e que aceptou até as súas últimas consecuencias o seu compromiso. Coñécese a súa amizade con Covade, mártir en Barcelona, incluso tamén se chegan a considerar irmáns.[1]
Martirio
editarEn 303, Diocleciano deu a orde de exterminar os cristiáns no que sería a última das grandes persecucións contra o cristianismo no Imperio romano. As autoridades romanas detiveron a Fiz en Empúries.[1] Este negouse a rexeitar a súa fe, motivo polo que foi condenado á morte. Foi azoutado e tirado á auga cunha roda de muíño atada ao pescozo. Morreu desangrado, tras ser despedazado con garfos.[1]
Foi enterrado nun cemiterio que existía nos arredores da cidade, á beira do actual portal de Sobreportas que abre a Vía Augusta desde o norte. A súa tumba, visitada polos devotos, converteuse pronto nun lugar de peregrinación e para protexela construíuse unha edificación, martyrium ou pequeno santuario. A partir deste martyrium construíuse unha primeira igrexa románica que constituíu a orixe da actual basílica de San Fiz de Xirona e a súa localización orixinal correspondería ao actual presbiterio. Por tanto a igrexa de San Fiz é o templo cristián máis antigo da cidade de Xirona e foi a súa catedral até a consagración da catedral de Santa María de Xirona no século XI.
En Santiago de Compostela custódianse algunhas reliquias deste santo e de San Covade, conseguidas por Diego Xelmírez.[1] É patrón dalgunhas parroquias galegas.
Devoción
editarO martirio de San Fiz de Xirona conmemórase o día 1 de agosto, de acordo co Martiroloxio da Igrexa católica: “S. Felice. A Xirona in Spagna, ricordo dei S. Felice, martire durante a persecuzione dell'imperatore Diocleziano”[2]