Santo patrón
Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o santo patrón[Cómpre referencia] ou simplemente patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

A veneración cara aos santos: os santos patrónsEditar
O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.
En España (mais sobre todo en Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe María.
En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo; o Belesar de Chantada a San Bertomeu e o Belesar de Vilalba a San Martiño.
Algúns patrónsEditar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
- Avogados - San Tomás More, santo Ivo de Kermartin, san Raimundo de Peñafort, santo Afonso María de Ligorio;
- Amerindios do Canadá - Santa Kateri Tekakwitha;
- Acólitos e monaguillos - San Tarsicio, san Domingos de Val, san Domingos Savio e san Xoán Berchmans;
- actores - San Xenxo de Roma;
- arqueólogos - San Dámaso e santa Helena;
- artilleiros e bombeiros - Santa Bárbara e San Florián;
- Artistas - Fra Angelico (declarado por Xoán Paulo II);
- aviadores - Virxe de Loreto e san Xosé de Cupertino;
- bancarios - San Carlos Borromeo;
- campaneiros - San Paulino de Nola;
- carpinteiros - San Xosé;
- cerralleiros - San Quintín e san Pedro apóstolo;
- cineastas - San Xoán Bosco;
- comerciantes - San Martiño de Tours;
- delineantes - San Francisco de Paula;
- dentistas - Santa Apolonia;
- persoas sen fogar- San Pedro de Betancur;
- Discriminados - Santa Laura Montoya;
- divorciados - Santa Fabiola de Roma;
- ecólogos - San Francisco de Agarrades;
- economistas - San Paulo e San Mateo;
- electricistas - Virxe da Candelaria;
- encuadernadores - San Xoán Apóstolo e Evanxelista;
- enfermeiros - San Camilo de Lelis e San Xoán de Deus;
- enfermos - Nosa Señora de Lourdes e San Xoán de Deus;
- Declaráronse ademais patróns de enfermos cunha doenza específica, a santos que, polo xeral, experimentaron a mesma doenza, ou unha similar en canto ás súas implicacións sociais.
- enfermos de artroses - Santo Afonso María de Ligorio ;
- enfermos de cancro - Santos Ezequiel Moreno e Peregrino Laziosi;
- enfermos de cancro de ósos - Santa Trega;
- enfermos de lepra - San Damián de Veuster;
- enfermos de sida - San Damián de Veuster (por combater a discriminación) e San Peregrino Laziosi;
- enfermos da gorxa - San Brais, San Suitberto de Kaiserswerth;
- enfermos da vista e que padecen cegueira - Santa Lucía de Siracusa;
- enfermos da escoliose - San José de Anchieta;
- Declaráronse ademais patróns de enfermos cunha doenza específica, a santos que, polo xeral, experimentaron a mesma doenza, ou unha similar en canto ás súas implicacións sociais.
- enxeñeiros - San Xosé;
- enxeñeiros de camiños, canles e portos - San Domingos da Calzada;
- enxeñeiros de minas - Santa Bárbara;
- enxeñeiros de montes - San Francisco de Asís;
- escravos - San Pedro Claver;
- escritores - San Xoán Apóstolo e Evanxelista, San Francisco de Sales;
- estudantes - Santa Catarina de Alexandría, San Tomé de Aquino, San Xosé de Cupertino, san Gabriel da Dolorosa, santa Bríxida de Irlanda, Virxe da Angustia;
- Farmacéuticos - Inmaculada Concepción e santos Cosme e Damián;
- filosofía, escritores e informáticos - Santa Catarina de Alexandría, Santo Isidoro de Sevilla e beato Ramon Llull;
- humoristas - San Filipe Neri, san Xenxo de Roma;
- hostaleiros - Santa Marta;
- Igrexa Universal - San Xosé;
- inmigrantes - Santa Francisca Xabiera Cabrini;
- labradores - Santo Isidro Labrador;
- libreiros - San Xoán Apóstolo e Evanxelista;
- loteiros - A nosa Señora de Graza e Esperanza;
- mar e forzas armadas principalmente en Chile - Virxe do Carme, San Pedro, Virxe da Esperanza;
- médicos - San Lucas, santos Cosme e Damián, san Xosé Moscati, san Ricardo Pampuri e san Pantaleón;
- mestres - Xoán Bautista de La Salle, San Xosé de Calasanz;
- militares - Santa Bárbara, san Miguel Arcanxo e san Xurxo de Capadocia;
- mineiros - San Lorenzo, Santa Bárbara, Santa Mónica;
- misioneiros - Santa Teresiña do Neno Xesús, San Francisco Xabier;
- mocidade confrade - San Juan Evanxelista;
- moteiros - Virxe do Carme;
- músicos - Santa Icía, san Ambrosio de Milán e san Gregorio I Magno;
- nenos - San Nicolao de Bari e os Santos Inocentes;
- oculistas e oftalmólogos - Santa Lucía;
- ópticos e optometristas - Santa Otilia;
- orfos - Santa Laura Montoya;
- panadeiros - San Honorato;
- pastores - Divina Pastora das Almas;
- xornalistas e reporteiros - San Francisco de Sales;
- pescadores - San Pedro;
- pintores - Fra Angelico (declarado por Xoán Paulo II);
- pobres e aflixidos - San Sebastián;
- poetas - San Xoán da Cruz;
- policías - Santo Anxo Custodio;
- políticos - San Tomé Mouro;
- prestamistas - San Nicolao;
- químicos - Santo Alberte Magno;
- radioaficionados - San Maximiliano Kolbe;
- raparigas casadeiras - Santa Catarina de Alexandría, Santo Antonio de Padua;
- operadores e locutores de radio - San Gabriel Arcanxo;
- sacerdotes - San Xoán María Vianney;
- servidores de saúde - San Pedro de Betancur;
- soldados e scouts - San Xurxo de Capadocia;
- teceláns - Santa Anastasia de Sirmio;
- teólogos - San Xoán Apóstolo e Evanxelista - San Pablo e Santo Agostiño;
- tintureiros - Santa Lida de Tiatira;
- toureiros - San Pedro Regalado, Virxe da Macarena e Virxe da Caridade;
- traballadores - San Xosé
- tradutores - San Xerome de Estridón;
- transportistas - San Cristovo, beato Sebastián de Aparicio;
- xastres - san Homobono;
- xuristas - San Raimundo de Peñafort;
- Xuventude - San Luís Gonzaga e san Juan Bosco;
- para evitar o aborto - san Ramón Nonato, nosa Señora de Guadalupe e santa Catarina de Suecia
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patrón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padrón.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padroeiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avogado.
- ↑ Surhone, Lambert M; Tennoe, Mariam T; Henssonow, Susan F (2010). Patron Saint (en inglés). Saarbrücken (Alemaña): VDM Verlag Dr. Mueller AG & Co. ISBN 978-6-1345-8375-6. Consultado o 7 de abril de 2012.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Santos e patróns", Edicións Palabra, Michael O'Nell, ISBN 84-8239-897-0.