Pedro Claver i Socobano, nado en Verdú o 26 de xuño de 1580 e finado en Cartaxena de Indias o 8 de setembro de 1654, foi un relixioso católico catalán.

Pedro Claver
Nacemento24 de xuño de 1580
Lugar de nacementoVerdú
Falecemento8 de setembro de 1654
Lugar de falecementoCartaxena de Indias
SoterradoColombia
NacionalidadeImperio Español
RelixiónIgrexa católica
Alma máterPontificia Universidade Xaveriana
Ocupaciónmisioneiro
Na rede
WikiTree: Claver-11 Find a Grave: 12693592 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de labregos cataláns, tivo cinco irmáns dos que só sobreviviron dous. Ingresou na Compañía de Xesús aos 19 anos en Tarragona. Decidiu evanxelizar os territorios recentemente conquistados polos españois en América e embarcou para Nova Granada en 1610. Estudou teoloxía en Bogotá e foi enviado a Cartaxena de Indias onde se ordenou presbítero en 1616.

En América impactoulle enormemente o trato que sufrían os escravos. Por Cartaxena pasaban milleiros de africanos provenientes de Guinea, Angola e o Congo destinados ao tráfico de seres humanos. Dedicouse a coidalos, alimentalos e curalos, ata o punto de asinar sempre coa mesma frase: Ego Petrus Claver, aethiopum semper servus (eu Pere, escravo dos negros para sempre). Nalgúns casos xuntaba cartos para compralos e manumitilos, algo só factibel cos máis febles e inútiles, e convencía avogados para que defendesen os que non tiñan recursos. Como os escravos falaban ducias de linguas diferentes, organizou entre eles intérpretes que acababan sendo catequistas dos compañeiros.

Pere Claver opoñíase aos malos tratos e defendía a dignidade dos escravos, polo que sufriu ameazas dos traficantes, atrancos das autoridades civís e eclesiásticas e o desprezo das damas católicas da sociedade colombiana que se negaban a entrar nas igrexas onde Pere reunía os africanos. Os miles de bautizos chegaron a ser considerados unha auténtica provocación para unha sociedade insensible ante o tráfico de seres humanos. Chegou a bautizar máis de 300.000. Foi acusado de profanar o sacramento e de irreverente. Durmía catro horas diarias e afrontaba en soidade unha tarefa chea de incomprensións e vituperios, ata que a súa saúde crebou ficando paralítico e prostrado.

Tivo sona de santo en vida entre a poboación que ata lle atribuíu varios milagres. Figura discutida pola súa entrega humanitaria, non foi beatificado ata o 16 de xullo de 1850 por Pío IX e canonizado o 15 de xaneiro de 1888 por León XIII, un papa de gran sensibilidade social.

É o patrón de Colombia.