Enxeñaría de montes

A Enxeñaría de montes ou forestal é a titulación académica dunha disciplina que tivo os seus inicios en Alemaña, pretendendo cubrir a necesidade de mellorar a produtividade dos montes. Co transcurso do tempo, a profesión foise perfilando cara ao desenvolvemento e optimización do ámbito forestal: silvicultura, aproveitamento, elaboración e transformación de produtos forestais, infraestruturas específicas etc.

Actividade

editar

A actividade dos Enxeñeiros de Montes podería resumirse nas seguintes actividades:

  • Melloras ambientais, bens e servizos do sector forestal.
  • Planificación, proxección, reconstrución, mantemento e mellora de infraestruturas forestais e de parques e xardíns.
  • Prevención e extinción de incendios forestais.
  • Proxectos e estudos hidráulicos e hidrolóxicos.[Cómpre referencia]
  • Proxectos e estudos ambientais, de conservación da natureza e xestión de fauna e flora silvestre.[Cómpre referencia]
  • Xestión de espazos naturais.[Cómpre referencia]
  • Control e mellora da produción forestal e aproveitamento forestal.
  • Industria derivada da madeira e de produtos forestais.
  • Proxectos de cálculo e construción de estruturas de madeira, metálicas e de formigón, asociadas á contorna forestal e ambiental.