Icía de Roma

santa e mártir romana, patroa da música

Icía de Roma[1], máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia[1], Cilla[1], Cecía[1] e Sía[2], (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III.[3] Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).

Icía de Roma
Nacementoc. 180
Lugar de nacementoRoma
Falecemento22 de novembro de 230
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
Relixióncristianismo
Ocupaciónmúsica
CónxuxeValeriano de Roma
Na rede
Find a Grave: 138679462 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Icía era unha moza patricia romana.[3] Foi obrigada por seus pais a casar con Valeriano.[3] Xunto con seu irmán Tiburcio, pediulle ser bautizada ao papa san Urbano.[3] Por tal motivo, foi condenada á pena capital.[3] Despois de moitos castigos, foi decapitada, pero o verdugo non atinou e Icía estivo agoniando durante tres días.[3] Morreu en presenza de Urbano e enterrárona no cemiterio de Calisto.[3]

Xunto con santa Einés, é a máis popular das mártires romanas.[1] O seu culto en Hispania é antigo, aproximadamente dende o século X.[1]

Patroa da música editar

Pasaron máis de mil anos para que Icía fose proclamada patroa da música.[3] En 1594, o papa Gregorio XIII canonizouna e deulle oficialmente o nomeamento, por «demostrar unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música». Este padroado foi produto dunha mala tradución dende o latín da súa lendaria Paixón.[3]

O 22 de novembro, sinalado pola tradición como o día da súa morte (ou o día do seu nacemento), foi adoptado en moitos países como o Día da Música.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17. 
  2. "Santa Sía de Roma". Concello de Zas. Consultado o 2023-12-02. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.