Lucía de Siracusa

Mártir Cristiana

Lucía, nada en Siracusa, Italia, no ano 283 e finada se cadra no 304, é unha santa mártir da Igrexa católica e Ortodoxa. A súa festividade celébrase o 13 de decembro, a noite máis curta do ano segundo o primeiro calendario xuliano, e é a santa patroa dos cegos e dos males de vista.

Lucía de Siracusa
Saint Lucy by Domenico di Pace Beccafumi.jpg
Nacementoc. 283
Lugar de nacementoSiracusa
Falecemento304
Lugar de falecementoSiracusa
Causadecapitación
SoterradaVenecia
RelixiónIgrexa católica
editar datos en Wikidata ]
Santa Lucía

VidaEditar

Nacida en Siracusa, entón cidade da provincia romana de Sicilia, Lucía era de pais nobres e ricos e foi educada na fe cristiá, de acordo coa tradición.

Perdeu ao seu pai durante a nenez, consagrou a súa vida a Deus e fixo un voto de virxindade. A súa nai, de nome Eutiquía, estaba enferma e comprometeuna a casar cun mozo pagán pero ela, para librarse dese compromiso, persuadiuna para que fose rezar á tumba de Ágata a fin de curar as súas feridas. A súa nai curou e Lucía pediulle que abandonase o compromiso, que se lle deixase consagrar a súa vida a Deus e que doase a súa fortuna aos máis pobres. A súa nai accedeu pero o seu pretendente acusouna ante o procónsul Pascacio debido a que era cristiá, en tempos do emperador Diocleciano.

 
Xuízo de Santa Lucía

Sometéuselle a un xuízo, durante o cal intentouse que abandonase a fe cristiá e adorase aos deuses pagáns, pero Lucía non accedeu, polo que foi decapitada o 13 de decembro de 304.

É a patroa da vista debido a unha lenda da idade media que dicía que, cando estaba no tribunal, ordenaron aos gardas que lle sacasen os ollos, pero ela seguiu vendo. Tamén é patroa dos pobres, os cegos, dos nenos enfermos e das cidades de Siracusa, Venecia e de Pedro do Monte, así como patroa dos campesiños, electricistas, choferes, afiadores, cortadores e escritores.

O nome da santa, que significa a que porta luz e a data en que se commemoraba o seu martirio, explicarían a orixe desa lenda posterior sobre os seus ollos.

Día de conmemoraciónEditar

As igrexas católica, ortodoxa e luteranas escandinavas celebran a súa festa o día 13 de decembro.

Durante a Idade Media, debido ao atraso acumulado polo Calendario Xuliano, a festividade de Lucía coincidía co solsticio de inverno e, xa que logo, era o día máis curto do ano. De aí o refrán Por santa Lucía mengua a noite e medra o día, que só tería sentido antes dese cambio.

 
Imaxe de Santa Lucía

IconografíaEditar

Represéntaselle normalmente con dous ollos nun prato, cunha espada que lle atravesa o pescozo, unha palma, un libro ou unha lámpada de aceite.

Veneración dos seus restosEditar

Segundo a lenda:

O corpo de Lucía, mártir siracusana (13-12-304), conservado intacto ata os nosos días, logo de ser cedido a Constantinopla (1040) foi novamente traído a Italia durante a cuarta cruzada. Desde hai máis de sete séculos, Venecia gárdao celosamente. En 1965, por expreso desexo do Patriarca Cardeal Roncalli (futuro Xoán XXIII), o rostro da santa foi cuberto cunha máscara de prata.

O sarcófago de cristal exposto baixo o altar, atópase na Igrexa dos Santos Xeremias e Lucía. En moitos mapas e planos de Venecia, a Igrexa figura só co nome de San Geremia, na praza do mesmo nome. Os restos da santa foron trasladados a esta igrexa en 1861, cando a dedicada a ela foi demolida para construír a estación de ferrocarril, que leva por iso o seu mesmo nome e está situada moi preto.

Festa de Santa Lucía en SueciaEditar

Debido a unha festa cuxos orixes remontar á idade media, iniciada nos séculos XVI e XVII en Suecia, ao comezo da tempada de advento comezouse a celebrar formalmente en Estocolmo unha festa, na que se come e bebe. Á mañá seguinte, os nenos regalan aos pais fotos de nenas virxes como Lucía e rezan por todas elas. Logo enfornan en familia uns pasteliños con forma de ollos, decorados así e lévanos a xuíces e políticos da rexión para que desexarlles sorte e que sexan xustos nos seus labores. Unha moza en particular é elixida como "Raíña de Lucía de Suecia" (Sveriges Lucia) e é coroada o 13 de decembro en Skansen.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Ottavio Garana: Santa Lucia di Siracusa. Siracusa, 1955
  • Sigebert von Gembloux: Acta Sanctae Luciae, ed. Tino Licht, Heidelberg 2008 (=Editiones Heidelbergenses 34), ISBN 978-3-8253-5368-1
  • Maria-Barbara von Stritzky: Lexikon der Heiligen und der Heiligenverehrung. 2. Band. Herder, Freiburg i. B. 2003, ISBN 3-451-28190-2
  • Otto Wimmer, Hartmann Melzer, Josef Gelmi (Bearb.): Lexikon der Namen und Heiligen. Nikol, Hamburg 2002, ISBN 3-933203-63-5

Outros artigosEditar