Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol

parroquia civil do concello de Ferrol

Santa Cecilia de Trasancos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 725 habitantes (376 mulleres e 349 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 771 habitantes.

Santa Cecilia de Trasancos
Igrexa nova de Santa Cecilia de Trasancos.
ConcelloFerrol[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°30′17″N 8°11′54″O / 43.50474444, -8.19821944
Poboación725 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O primeiro documento coñecido onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do próximo mosteiro de San Martiño de Xuvia. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcediagado de Trasancos.

O couto medieval de Santa Icía de Trasancos estaba en mans do correspondente arcediago, por canto era anexo a esta dignidade do cabido mindoniense. No ano 1586 o rei Filipe II, despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, cóengo doutoral da Catedral de Santiago de Compostela. O Dr. Yáñez de Leiro outorgou testamento no ano 1599, polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais, en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá, logo co apelido Bermúdez de Mandiá, até a abolición do sistema xurisdicional co fin do Antigo Réxime, no século XIX.

Patrimonio

editar
 
Santa Icía de Trasancos.

Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha doela, embutido na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "igrexa vella", a cal data do ano 1771 e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdicional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano 1964.

Na mesma parroquia de Santa Icía de Trasancos e lindando coa freguesía anexa de San Pedro de Leixa atópase o espléndido Pazo do Monte, que se rematou de construír no ano 1780 e foi casa grande da liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, antigos señores da xurisdición. Na actualidade está en propiedade dos seus sucesores, os Moreno-Bermúdez.

Sobre o río de Santa Icía, tamén chamado río Freixeiro, atópase a ponte chamada popularmente "romana", que en realidade data do ano 1814. Nas proximidades está o chamado Muíño dos Amenadás, xa no concello de Narón, cuxa primeira construción data do ano 1813.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa Cecilia de Trasancos

editar
Lugares da parroquia de Santa Cecilia de Trasancos no concello de Ferrol

Beleicón | Calvario | Castro | Espiño | Fonteiroa | A Pallota | A Pega | A Rega | O Souto de San Pedro | Vinculeiro


Parroquias de Ferrol

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol

Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar