Río Freixeiro

río da comarca de Ferrol

O Río Freixeiro nace nos montes da Lagoa na parroquia de Trasancos, no concello de Narón, provincia da Coruña e desemboca na Ría de Ferrol, no mesmo concello onde nace.

Río Freixeiro
Ponte medieval sobre o río Freixeiro
PaísGalicia Galicia
NacementoMontes da Lagoa
Trasancos
Lonxitude8 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRía de Ferrol
Canalización do río

Percorre os concellos de Narón e Ferrol, facendo de límite natural entre ámbolos dous, en parte do seu percorrido, que é aproximadamente duns 8 km.

Na súa cabeceira é coñecido polo regueiro de Vespasante, recollendo máis adiante as augas doutros regueiros como o de Casavella, do Pozo, Seco, Sobecos e o Pedregal, este último xa na desembocadura, co que forma unha marisma que en tempos pretéritos foi hábitat de moitas aves acuáticas.

O leito do río Freixeiro foi aproveitado no pasado por tres muíños, os de Amenadás e A Veiga, na parte final, e o das Aceas, que funcionaba coas mareas na desembocadura.

O tramo final deste río recibiu múltiples agresións; urbanísticas, de verteduras de augas residuais urbanas, cortes de árbores da ribeira, desvíos e canalizacións en formigón. Desde hai pouco tempo inténtase mudar a situación, coa limpeza e rexeneración do leito, a prohibición de urbanizar nas súas marxes, axeitamento das ribeiras e humanización, coa construción dun paseo fluvial. Todos estes traballos rematarán coa finalización da EDAR (Estación depuradora de augas residuais), que recollerá as verteduras das redes de saneamento dos concellos de Neda, Narón e Ferrol. As previsións do remate desta obra son para o ano 2009, 18 anos despois da súa aprobación inicial.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

editar