Covas, Ferrol
Coordenadas: 43°32′33″N 8°16′36″O / 43.54246, -8.27665
San Martiño de Covas[1] é unha parroquia rural que se localiza no norte do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo IGE en 2018 tiña 899 habitantes (477 mulleres e 422 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución constante en relación aos anos 2004, cando tiña 973 habitantes, e 1999, con 992 habitantes.
Covas | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Covas. | |
Concello | Ferrol[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 899 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte co Océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Esmelle, ao leste coa de Marmancón e ao oeste coa de Esmelle. Covas conta cunha biblioteca especialmente dedicada á promoción da lectura entre o público infantil, fundada pola asociación cultural Columba.
XentilicioEditar
O seu xentilicio é covicheiro[2].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Covas, Ferrol.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CovasEditar
Lugares da parroquia de Covas no concello de Ferrol | |
---|---|
A Aldea | Covarradeiras | A Pedreira | Ragón |
Parroquias de FerrolEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 26. Consultado o 22 de xullo de 2021.