Einés de Roma

santa, mártir cristiá

Einés de Roma[1], máis coñecida como Santa Einés, coa variante Inés[1], foi unha virxe romana, que sufriu o martirio, durante a persecución de Diocleciano, no ano 304. Xunto con Santa Icía, é unha das mártires máis populares.[2]

Modelo:BiografíaEinés de Roma

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Agnes Romana Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Inês fora dos Muros (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoAño, palma do martirio e espada Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Agnes, St.
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX955977 Find a Grave: 93189319 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Segundo as Actas dos mártires, Einés era unha bela moza proveniente dunha nobre familia romana. Tivo varios pretendentes, aos que rexeitou por declararse fiel amante de Cristo. Entre eles contábase o fillo do prefecto de Roma, quen a denunciou ao seu pai por ser cristiá. Naqueles tempos, os cristiáns atopábanse baixo a persecución de Diocleciano e condenábaselles coa morte se se negaban a santificar aos deuses romanos.

Foi xulgada e sentenciada a vivir nun prostíbulo onde, milagrosamente, permaneceu virxe. Segundo as Actas do seu martirio, aínda que foi exposta espida, os cabelos crecíanlle de maneira que tapaban o seu corpo. O único home que tentou abusar dela quedou cego, pero Inés curouno a través das súas pregarias. Máis tarde foi condenada á morte, e, cando ía ser degolada, o verdugo tentou que abxurase, pero non o conseguiu.

Foi sepultada na Vía Nomentana. Poucos días despois da súa morte atopouse coa súa mellor amiga e irmá de leite, unha moza da súa idade chamada Santa Emerenciana, rezando xunto á tumba; cando Santa Emerenciana increpou aos romanos por matar á súa amiga, foi morta a pedradas.

Véxase tamén

editar
  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.