Cosmede e Damián
Cosmede (ou Cosme) e Damián[1] (do grego Κοσμάς e Δαμιανός) médicos e irmáns, mártires e patróns dos nenos, os cirurxiáns, farmacéuticos, médicos e traballadores dos balnearios. Os dous irmáns foron torturados, queimados vivos, e como sobreviviron foron decapitados por orde de Diocleciano contra o ano 300 d. C. A súa festa celébrase o 26 de setembro. Cosme significa en grego "adornado, ben presentado", e Damián "domador".
Biografía | |
---|---|
Grupo | twins (en) padroeiro |
Cosmas (en) (Cilicia, século III - Cilicia, 303 (Gregoriano)). Médico Damian (en) (Anatolia, século III - Cilicia, 305 (Gregoriano)). Médico | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de setembro 27 de setembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Historia e lenda
editarA tradición oral relata que ambos os dous irmáns exerceron sempre a súa profesión sen cobrar aos doentes (eran ἀνάργυροι, "anárxiros" ou inimigos do diñeiro). Naturais de Arabia, un dos seus milagres máis coñecidos foi o transplante dunha perna a un doente, a perna dun criado negro morto pouco antes.
Os xemelgos (segundo algunhas fontes), moraban en Exeas, na costa da baía de Alexandreta (Iskenderun), en Cilicia. Foron encarcerados e torturados por Lisias, o gobernador de Cilicia co beneplácito do emperador Diocleciano, contra o ano 300 d.C, mais sobrevivendo a todos os martirios por intervención divina, até que os seus verdugos decidiron separar as cabezas dos seus troncos por medio dunha espada, decapitándoos. Posteriormente ficaron sepultados en Cirrhus (Ciro), Siria, cidade esta que chegou a ser o centro principal do seu culto, onde se erixiu así mesmo unha basílica na súa honra. Posteriormente, o seu culto pasou a Roma e, máis tarde, espallouse por toda a Igrexa. Capelas, igrexas e outros recintos relixiosos dedicados aos patróns da cirurxía atópanse repartidos por todo o orbe cristián.
Fálase de milagres e curacións marabillosas, obrados polos mártires despois da súa morte e entre as persoas distinguidas que atribuíron a súa curación aos santos Cosme e Damián, figurou o emperador Xustiniano I. A principios do século V, erguéronse en Constantinopla dúas grandes igrexas na honra dos mártires. A basílica que o papa Fiz III (526-530) erixiu en honra de Cosme e Damián no Foro Romano foi edificada posibelmente o 27 de setembro. Ese día celebrouse a festa de Cosme e Damián até o seu traslado ao 26 de setembro no novo calendario.
A espada
editarA espada da que a tradición aseguraba ser a que interveu na decapitación dos mártires, coñecida coma espada de San Cosme e San Damián ou espada de Essen, foi orixinalmente un agasallo ao rei Otón III, contra o ano 914 d. C., e hoxe atópase exposta, dentro da súa funda recamada de ouro, na cámara do tesouro da catedral de Essen en Alemaña. A finais do século XV aparecen na vila as primeiras manifestacións documentadas do fervor relixioso que o obxecto espertaba, atribuído á inscrición que rezaba nela: Gladius cum quo decollati fuerunt nostri patroni (a espada coa que os nosos patróns foron decapitados), así como aos ornamentos e figuras do gótico serodio que amosaba a fita que cingue a vaíña. A Relación de Reliquias de Essen, do 12 de xullo de 1626, rexistra a espada co número 55 coma Gladius sanctorum Cosmae et Damiani. Como reliquia, foi levada cerimonialmente en numerosas procesións daquela época.
A relixiosidade que espierta a reliquia na cidade de Essen foi tal que, malia a Reforma e os cambios políticos, a espada figura no escudo da vila dende 1473, ano da primeira constancia documental da súa presenza.
Padroádego
editar- San Damián Texoloc, municipio do estado mexicano de Tlaxcala.
- Abarán, municipio da Rexión de Murcia, España.
- Cortes de Baza, municipio da provincia andaluza de Granada, España
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cosmede e Damián |
Outros artigos
editar- Cosme (nome)
- Damián (nome)
- San Cosme
- Forte de San Damián, fortaleza situada en Ribadeo.
- Dióscuros
- Espada de San Cosme e San Damián
- Persecución aos cristiáns
Bibliografía
editar- Casimiro Sánchez Aliseda, Santos Cosme y Damián, 1998.
- Sgarbossa, Mario; Luigi Giovannini - Un Santo Para Cada Día.
- Alfred Pothmann (Hrsg.): Das Zeremonialschwert der Essener Domschatzkammer. Aschendorff, Münster 1995, ISBN 3-402-06243-7
Ligazóns externas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-09.