José de Anchieta
José de Anchieta, nado o 19 de marzo de 1534 en San Cristóbal de La Laguna e finado o 9 de xuño de 1597 en Anchieta, máis coñecido como Padre Anchieta, foi un misioneiro xesuíta e santo español no Brasil.[1]
José de Anchieta | |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de marzo de 1534 en San Cristóbal de La Laguna, Tenerife, España |
Pasamento | 9 de xuño de 1597 en Anchieta, Brasil |
Proceso de canonización | |
Beatificación | 22 de xuño de 1980 por Xoán Paulo II |
Canonización | 3 de abril de 2014 por Francisco |
Veneración | |
Venerado/a en | Igrexa Católica |
Festividade | 9 de xuño |
Santuario principal | Catedral de San Cristóbal de La Laguna (Illas Canarias) e Santuario Nacional de San José de Anchieta (Brasil) |
Patrón/a de | Catequistas, dos que sofren escoliose e o Brasil. |
TraxectoriaEditar
Nacido en Tenerife, foi un dos doce fillos de Juan López de Anchieta, de orixe vasca e Mencía Díaz de Clavijo y Llarena, canaria de familia xudía conversa. Foi enviado aos catorce anos dirixiuse á Universidade de Coímbra (Portugal) en 1548 para estudar filosofía na universidade. Unha vez alí, José ingresou na Sociedade de Xesús e, logo de anos de estudo, enrolouse como misioneiro no Brasil.
En Piratininga catequizou e educou os indios e defendeunos dos abusos dos colonos portugueses. Foi un dos fundadores das cidades de São Paulo e Río de Xaneiro. O padre José de Anchieta tamén foi o estandarizador da lingua tupí.
Loitou contra os protestantes franceses establecidos na Baía de Guanabara (Río de Xaneiro). En 1566 foi enviado para a Baía para informar o gobernador do progreso da guerra contra os franceses e pediu reforzos para defender Río de Xaneiro. Foi ordenado sacerdote entón, con 32 anos de idade. En 1569 fundou Reritiba (Anchieta actual en Espírito Santo) e entre 1570 e 1573 levou o colexio xesuíta do Río.
En 1577 foi nomeado provincial da Sociedade de Jesús no Brasil, cargo que ocupou durante dez anos. Retirado a Iritiba, partiu para dirixir a nova escola de Vitória do Espírito Santo. En 1595 foi desculpado desta función e retirouse a Reritiba, onde morreu en 1597.[1]
Foi canonizado o 3 de abril de 2014 polo papa Francisco.[2] Por iso, é o segundo santo natal das Canarias logo de Pedro de Betancur e tamén considerado o terceiro santo do Brasil.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 José de Anchieta, Santo
- ↑ "La canonización de Anchieta en primicia". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 29 de abril de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José de Anchieta |