Abrir o menú principal

Kateri Tekakwitha

Kateri Tekakwitha, nado en Ossessernon en 1656 e finado en Caughnawaga o 17 de abril de 1680, foi unha santa laica católica iroquesa; filla dun xefe mohawk e dunha india algonquina cristiá.

Kateri Tekakwitha
CatherinaeTekakwithaVirginis1690.jpg
Nacemento1656
 Condado de Montgomery
Falecemento17 de abril de 1680
 Kahnawake
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]
Escultura de Kateri Tekakwhita.

TraxectoriaEditar

Naceu en Ossessrnon, o que hoxe é Auriesville, Nova York. O seu nome indíxena era Tekakwitha (que en iroqués significa "a que tropeza"), pero foi bautizada co nome de Kateri (en galego Catarina). No século XVII a orde das xesuítas tiñan misións entre os indios desde América do Norte até as rexións de Paraguai e Arxentina. Dous destas xesuítas son os santos Isaac Jogues e Jean de Lalande, quen sufriron o martirio en mans dos indios en 1646 en Ossessrneon.

A súa nai, unha india algonquina, xa se convertera ao cristianismo cando foi raptada polos iroqueses e casada cun xefe mohawk pagán. Aos 4 anos de idade, Catalina perdeu aos seus pais e ao seu irmán menor, durante unha epidemia de vexigas que se estendeu en Ossernenon, Tekakwitha sobreviviu pero quedou con cicatrices no rostro e problemas de visión.

Aos 20 anos foi bautizada por misioneiros xesuítas franceses. Kateri pronto tivo que sufrir pola súa fe grandes abusos e rexeitamento por parte de familiares e os outros indios. A persecución foi tal que en 1677 fuxiu da súa aldea, camiñando uns 320 km polo bosque até chegar a Sault Ste. Marie, unha vila cristiá preto de Montreal.

En 1679 tomou o voto de castidade, como na expresión católica da virxindade consagrada. Un ano máis tarde, o 17 de abril de 1680, Kateri morreu á idade de 24 anos en Caughnawaga, preto de Montreal, Quebec. As súas últimas palabras dise que foron "Jesús, ámote!"

Kateri caracterizouse pola súa piedade, a súa incansable vida penitente en favor do seu pobo aborixe e polo seu amor á Eucaristía. Despois da súa morte, Kateri empezou a ser moi venerada, especialmente en Canadá. Coñecida popularmente como "O lirio dos mohawks".

En 1943, foi declarada venerable polo papa Pío XII e beatificada o 22 de xuño de 1980 polo papa Xoán Paulo II. O 21 de outubro de 2012 foi proclamada santa polo papa Benedito XVI na Basílica de San Pedro.