Belesar, Vilalba
San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 293 habitantes (141 homes e 152 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.
Belesar | |
---|---|
Igrexa de Belesar. | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°16′49″N 7°45′25″O / 43.2803608, -7.7568347 |
Poboación | 293 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 37[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arborado. Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, das Baionas e Ponte Pedrouzos.
Demografía
editarGráfica de evolución demográfica de Belesar entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
Festas
editarHai tres festas tradicionais. A finais de maio ou comezos de xuño celébrase o Corpus Christi, na que se celebran as primeiras comuñóns. A finais de setembro celébrase a festa do Anxo, con merendas campestres familiares. O 11 de novembro celébrase San Martiño, patrón da parroquia.
Arqueoloxía
editarNo seu territorio atópase o castro de Belesar.[3][4]
Galería de imaxes
editar-
Antiga escola de Belesar.
-
CEIP Castelao de Belesar.
-
Vista frontal da igrexa.
-
Cruceiro diante da igrexa.
-
Fonte diante da igrexa.
-
Detalle do escudo na fonte.
-
Ponte.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Castro de Belesar". OpenStreetMap. Consultado o 2019-12-25.
- ↑ "Visor SigPac". sigpac.magrama.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-25.
Lugares e parroquias
editarLugares de Belesar
editarLugares da parroquia de Belesar no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
Aldea | A Atadoira | Baltar | Os Barreiros | Cabanamille| A Cabanela | Caivanca | O Camiño Real | Campello | Cascudo | O Cordal | A Crucitaria | A Currela | O Espiño | A Ferreiroa | A Folgada | O Fontao | As Forcadas | Lagares | Len | Meire | Montaña | O Outeiro | Pedrapicada | A Penadanta | Penarredonda | Pereira | Perrodríguez | A Picheira | Reboutas | A Reibocha | A Riba | A Ribeira | Sande | Santoro | Vilanova | Vilasilvestre |
Parroquias de Vilalba
editar