Abrir o menú principal

Goiriz, Vilalba

parroquia do concello de Vilalba

Coordenadas: 43°18′0″N 7°41′0″O / 43.30000, -7.68333

Goiriz
Vilalba Goiriz N634.jpg
Cemiterio de Goiriz e estrada N-634.
ConcelloVilalba
Poboación646 hab. (2017)
Entidades de poboación48

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

XeografíaEditar

Está atravesada pola estrada N-634 e pola estrada que vai de Vilalba até Árbol por Román. Está dividida en cinco roldas, creadas polos veciños para a organización das festas: A rolda de Trece, no límite do concello, a de Bidueiros, na marxe esquerda cara a Asturias, a Ribeira, Tarrío e Medios Aneiros.

Abundan na parroquia as cerdeiras, e os amplos vilares para o cultivo de patacas e grandes praderías xunto con chousas infrautilizadas.

PatrimonioEditar

O castro de Goiriz, próximo á igrexa parroquial, cunha extensión de 2 ha, ten tres defensas e ten boa visibilidade. Na igrexa parroquial unha inscrición alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei. O pazo de Cazás pertenceu á familia de Quirós Baamonde Freire de Andrade e Taibo.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar