Oleiros, Vilalba

parroquia civil do concello de Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 317 habitantes (164 homes e 153 mulleres).

Oleiros
Igrexa parroquial.
ConcelloVilalba[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°15′18″N 7°38′12″O / 43.2550027, -7.636572Coordenadas: 43°15′18″N 7°38′12″O / 43.2550027, -7.636572
Poboación317 hab. (2022)
Entidades de poboación31[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

A parroquia esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso.

En Oleiros, denominada tamén como Somede, xunto con Sancovade e superado o val de Ladra, é onde comeza a chaira que dá nome á comarca.

Economía editar

Na parroquia existiu unha industria de cerámica popular, de onde procede a súa denominación. Conta cunha queixeria de San Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha panaderia, unha carpinteria e diversos comercios que dan traballo a veciños desta parroquia.

Conta ademais coa empresa "Capones Aurora", propiedade da señora que lle dá nome, empresa pioneira na distribución de capóns durante todo o ano, actualmente vangarda na distribución e venda do capón, tanto na época do Nadal como no resto do ano. A empresa obtivo diversos premios e galardóns.

Historia editar

En Oleiros editouse o periódico La Voz de Oleiros entre 1922 e 1925.

Patrimonio editar

Restos prehistóricos e da época romana no Castro. A parroquia aparece mencionada nun documento de 1213 como San Mammes de Ollariis e en 1407 como o Coto de Oleiros.

Demografía editar

Gráfica de evolución demográfica de Oleiros entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[2]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Oleiros editar

Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Vilalba (Lugo)

Abeledo | Abrigueiro | Agadín de Abaixo | Agadín de Arriba | Amido | A Barrosa | Os Boizás | Cabanas | Cal da Pena | Carballo | O Carboeiro | Carracedo | Carreiranova | As Casas Novas | O Castro | Escadavada | Ferradás | Fonteverde | Os Foxos | Os Gardados | Gardamil | A Granda | Liñares | O Outorelo | Pedrido | A Raña | A Roza | O Salgueiro | O Sanchón | Vilanune | Vilariz

Parroquias de Vilalba editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar