Alberte o Magno
Alberte o Magno, tamén coñecido como santo Alberte o Magno ou Albertus Magnus nado en Lauingen contra 1193 e finado en Colonia en 1280, foi un freire dominicano alemán que se fixo famoso polo seus coñecementos universais e pola súa defensa da coexistencia pacífica de ciencia e relixión. Está considerado como o máis grande filósofo e teólogo alemán da Idade Media. Foi o primeiro estudoso medieval en aplicar a filosofía aristotélica ao pensamento cristián.
Alberte o Magno | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Albrecht |
Alcume | Doctor Universalis |
Nacemento | c. 1193, c. 1200, 1205 e 1206 |
Lugar de nacemento | Lauingen |
Falecemento | 1280, 15 de novembro de 1280 e c. 1292 |
Lugar de falecemento | Colonia |
Soterrado | Igreja de Santo André |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Padua, Universidade de París e Universidade de Freiburg im Breisgau |
Ocupación | químico, musicólogo, filósofo, escritor, catedrático, economista, astrólogo, entomólogo, teólogo, xeógrafo, frade e botánico |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia nobre de Bavaria entre 1193 e 1206, foi educado principalmente en Padua, onde estudou os escritos de Aristóteles. No ano 1223 entrou na orde dominica, e estudou teoloxía en Boloña. Ensinou en Colonia, Ratisbona, Friburgo, Estrasburgo e Hildesheim. No ano 1245 marchou a París para afondar nos seus coñecementos.
En 1254 foi nomeado provincial dos dominicos. En 1260 foi nomeado bispo de Ratisbona, dimitiu aos tres anos e retirouse a Bavaria. Un dos seus últimos traballos foi defender a ortodoxia dun dos seus antigos alumnos, Tomé de Aquino.
Editou as obras completas de Aristóteles en tradución latina con notas de comentaristas árabes, e interpretado e sistematizado de acordo coa doutrina cristiá. O seu discípulo Henry Byren é coñecido polo diorema que leva o seu nome.
Foi beatificado pola Igrexa católica en 1622 e canonizado en 1931. É o patrón dos científicos.
FestaEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alberte o Magno |