Francisco Xavier

(Redirección desde «Francisco Xabier»)

Francisco Xavier[1], ou Francisco Xabier[1], nado o 7 de abril de 1506 e finado o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

Modelo:BiografíaApóstolo do Extremo Oriente Editar o valor en Wikidata
Francisco Xavier

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Jaso Azpilicueta Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1506 Editar o valor en Wikidata
Xabier (Reino de Navarra) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1552 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Sanchoão (Dinastía Ming) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica do Bom Jesus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollège Sainte-Barbe - Master of Arts (en) Traducir (1525 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano))
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena Editar o valor en Wikidata
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1537–), explorador, escritor, misioneiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosBernardo de Kagoshima (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de decembro Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAngiró (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
9 de xuño de 1549Kagoshima landing (en) Traducir
list of Catholic missionaries (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisJuan de Jaso Editar o valor en Wikidata  e María de Azpilcueta Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel de Jaso Azpilicueta
Joanes Jatsu Azpilikuetakoa Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1137136 Find a Grave: 101700909 Editar o valor en Wikidata
As viaxes de Francisco Xabier

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Nado no castelo de Xabier o 7 de abril de 1506 no, daquela independente, Reino de Navarra, pertencía a unha familia de liñaxe, perdedora e represaliada na guerra de anexión á coroa española. Foi estudar a París. Alí coñeceu a Ignacio de Loiola quen activou nel un proceso de conversión. Francisco Xabier desprezou o que fora o seu afán de prestixio académico e prosperidade e realizou con outros cinco compañeiros os chamados votos de Montmatre de pobreza, castidade e obediencia ao Papa. Axudou a Ignacio de Loiola a redactar a primeira constitución da Compañía de Xesús.

Viaxes

editar

Marchou á India, chagando tras un duro viaxe de trece meses a Goa. No accidentado periplo pacificou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de escorbuto que fixo do seu camarote unha enfermería.

Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o evanxeo entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de 1544, bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos brahamanes. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses como unha espiña que levo constantemente no corazón. Ao rei de Portugal escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.

En 1544 marchou para Madrás e as Molucas onde fundou misións. En 1549 sucou o Pacífico ata o daquela misteriosoXapón onde conseguiu uns froitos discretos. Varios samurais convertéronse ao cristianismo o que provocou duras reaccións dos potentados nipóns. En 1551 volveu á India e, un ano despois, saíu cara á China, onde xa fixera escala en anteriores viaxes. Enfermo durante o traxecto, na súa agonía pronunciaba verbas indescifrables para os acompañantes, probablemente no seu éuscaro natal. Finalmente faleceu o 3 de decembro de 1552 na illa de Shang Chuang aos 46 anos de idade. O seu cadáver foi sepultado na igrexa do Bom Xesús, lugar aínda hoxe de peregrinación.

O home

editar

Francisco Xabier estudaba as linguas locais dos pobos evanxelizados, aprendía os seus costumes e relixión. Denunciou repetidamente os abusos dos colonizadores portugueses e despregou un infatigable labor a prol dos desfavorecidos. Cos colonos afastados da moral sexual cristiá amosou tacto e comprensión. As cartas sobre as súas actividades distribuíanse por Europa, o que incentivou un espírito misioneiro mesturado de aventura e exotismo, de entusiasmo e misticismo. Nelas revela un carácter sacrificado, hiperactivo, observador, preocupado pero fondamente feliz. Deixou ao redor de 1500 escritos. Documentos valiosos para entender a Cultura e a Historia do Extremo Oriente.

Foi beatificado por Paulo V en 1619 e canonizado por Gregorio XV en 1622, o mesmo día que Ignacio de Loiola, Filipe Neri, Tareixa de Ávila e Sidro Labrego.

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.