Escorbuto
O escorbuto[1] (do latín scorbutus) é unha doenza que ten como primeiros síntomas hemorraxias nas enxivas, tumefacción purulenta das enxivas (inchazón con pus), dores nas articulacións, feridas que non cicatrizan, alén de desestabilización dos dentes. É provocada pola carencia grave de vitamina C na dieta.
Escorbuto | |
---|---|
![]() Enxivas sangrantes. | |
Instancia de | clase de doenza ![]() |
Subclase de | carencia alimentaria, carencia de ácido ascórbico, avitaminose e doenza ![]() |
Causado por | carencia de ácido ascórbico ![]() |
Especialidade médica | medicina interna ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Ligazóns | |
Redes | ![]() |
Identificadores | |
MeSH | D012614 ![]() |
Thesaurus do NCI | C35010 ![]() |
BNE | XX529929 ![]() |
DiseasesDB | 13930 |
OMIM | 240400 |
MedlinePlus | 000355 |
eMedicine | derm/521 ped/2073 radio/628 |
![]() |
Hai máis de douscentos anos, xa se sabía que algúns alimentos eran necesarios para manternos saudábeis. Entendeuse, por exemplo, que os mariñeiros que ficaban moito tempo no mar acababan doentes. Eses homes, que consumían principalmente bolachas e carne de porco salgada, pasaban longos períodos sen inxerir follas ou froitas frescas. Por ese motivo eran atacados polo escorbuto.
Por volta de 1800, descubriuse que ese mal podería ser evitado se se engadían á súa dieta zumes de limón e repolo acedo. Moito máis tarde, verificouse que eses alimentos conteñen gran cantidade de vitamina C e que a inxestión diaria de pequenas doses desa vitamina evita o escorbuto.

A vitamina C é importante para o corpo porque ela é un cofactor da encima prolil-hidrolixase, que fai a hidroxilación do aminoácido prolina nas cadeas alfa de coláxeno. Esa hidroxilación é tan importante porque aumenta o número de conexións de hidróxeno na molécula e dá maior rixidez ó coláxeno, que é a principal proteína estrutural do corpo.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorbuto.