Juan de Jaso

político español

Juan de Jaso ou Juan de Jatso, nado en Saint-Jean-Pied-de-Port (meiriñado de Ultrapuertos) en 1515 e finado en San-Cian (China) o 2 de decembro de 1552, foi un xurista navarro.

Infotaula de personaJuan de Jaso
Biografía
Nacemento1445 Editar o valor em Wikidata
Saint-Jean-Pied-de-Port, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1515 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Xavier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Navarra Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , diplomático , aristócrata , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría de Azpilcueta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMiguel de Jaso Azpilicueta (en) Traducir, Joanes Jatsu Azpilikuetakoa (en) Traducir, Francisco Xabier Editar o valor em Wikidata
Castelo de Javier.

Traxectoria editar

Foi Presidente do Real Consello de Navarra. De liñaxe agramontés, mantívose fiel aos reis de Navarra Catarina de Foix e Xoán III de Albret cando Navarra foi conquistada. Trasladouse a Boloña a estudar, sendo Doutor en Decretos por aquela Universidade en 1470. Desde 1476 foi Presidente do Real Consello de Navarra e, xa que logo, un dos cargos máis importantes do reino cando se produce a invasión polas tropas castelán-aragonesas. Mantívose fiel aos reis de Navarra, partindo ao exilio ao Bearn con toda a familia. O castelo e domicilio familiar en Javier foi demolido en 1517 por orde do Cardeal Cisneros. Casou con María Azpilcueta, de liñaxe importante no Baztán. Tiña como posesión o castelo de Javier e posteriormente o palacio de Azpilcueta en 1502, trala morte do seu pai.

 
Azpilcueta, orixe de María Azpilcueta, a esposa de Juan de Jaso.

Foron pais de seis fillos: María de Jasso Azpilcueta. Magdalena de Jasso Azpilcueta (cara a 1485- 1533), monxa Clarisa Descalza en Gandia. Ana de Jasso Azpilcueta, nacida cara a 1492; abandonou o castelo cara a 1513. Casou con Diego de Ezpeleta, señor de Leire. Miguel de Jasso Azpilcueta, máis comunmente como Miguel de Azpilcueta (cara a 1495-11-11-1542). Señor de Javier. En 1521 participou no intento de reconquistar o reino. Loitando contra o capitán Ignacio de Loyola cando se atrincheirou no castelo de Pamplona. Posteriormente foi apresado en 1522 no castelo de Maya. Foi condenado a matar, pero finalmente tralo perdón de 1524 de Carlos I volveu ao castelo de Javier. En 1527 casou con Isabel de Goñi e Peralta (falecida en 1561) e tiveron dous fillos: Miguel (1528-1557) e Ana de Jasso. Juan Azpilcueta ou Azpilicueta e Jaso (cara a 1497-?) coñecido como o capitán Azpilcueta. Loitou como o seu irmán contra os invasores. Casou en 1528 con Juana Arbizu Sarria e, tras enviuvar, con Lucía de Aguirre, e deste matrimonio naceron Jerónima e Francisco de Azpilcueta. Francisco de Jasso Azpilcueta Atondo e Aznáres de Javier (o que sería Francisco de Javier), único nacido no castelo de Javier o 7 de abril de 1506. Sería importante misioneiro coa orde dos Xesuítas a partir de 1540, viaxando coa coroa de Portugal.