Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°09′54″N 01°14′08″O / 43.16500, -1.23556

Sant-Jean-Pied-de-Port (en éuscaro: Donibane Garazi) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés, e desde 1512 foi capital da Baixa Navarra[1]. Os seus habitantes reciben o xentilicio de Saint-Jeannais en francés e garaztar ou Donibandar en éuscaro.

Saint-Jean-Pied-de-Port
Donibane Garazi
COA of Saint Jean Pied de Port.svg
St-Jean-Panorama-2010.jpg
Vista panorámica
Localización
Garazi kokapena.png
PaísFrancia Francia
RexiónAquitania
DepartamentoPireneos Atlánticos
DistritoDistrito de Bayonne
CantónSaint-Jean-Pied-de-Port
Xeografía
Altitude180 msnm
Superficie2,73 km²
Demografía
Poboación1.490 hab. (2011)
XentilicioSaint-Jeannais (en francés)
Garaztar ou Donibandar (en éuscaro)
Outros datos
Código postal64220
AlcaldeAlphonse Idiart (2008-2014)
Web oficial

Índice

XeografíaEditar

A comuna está situada na comarca de Pays de Cize, ao surdeste da Baixa Navarra. Está a uns 8 km da fronteira administrativa con España, e é unha das vilas polas que pasa o camiño francés da Ruta Xacobea. O río Rive ou Errobi, atravesa a localidade.

HistoriaEditar

 
Casa do século XVI.
 
Ponte sobre o río Errobi.

Está situada nun lugar de paso, convertido en vía trala romanización. A vila foi fundada no século XII e desenvolveuse axiña como centro comarcal de comercio e comunicacións. En 1329 o rei Filipe III de Navarra concedeulle foros.

Trala invasión e conquista de Navarra en 1512, foi ocupada polo exército de Fernando II de Aragón, e durante ese ano foi escenario de frecuentes enfrontamentos. Permaneció ocupada por unha importante guarnición das tropas do reino de Aragón de forma intermitente, con períodos nos que pasaba a mans de tropas ao servizo do Reino de Navarra, até 1529, cando Carlos I de España abandonou toda a Baixa Navarra polo excesivo custo que supuña a súa conservación desde o punto de vista loxístico e militar. No século XVI sufriu tamén ataques e incendios no marco das guerras de relixión.

En 1620 Luís XIII de Francia uniu as coroas do Reino de Francia e do Reino de Navarra, e baixo o goberno de Richelieu, construíuse na vila a Ciudadela paa defendela dun posible ataque desde o sur.

En marzo de 1789, pouco antes da Revolución Francesa, reuníronse nesta vila os Estados de Navarra, que rexeitaron enviar representantes ás reunións dos Estados Xerais celebrados en París, alegando que a Baixa Navarra non era unha provincia francesa, senón un Reino que na persoa de Henrique IV de Francia se unira ao entón reino de Francia. Porén, en 1790 aprobaron a nova división administrativa francesa, que reuniu as terras da Baixa Navarra e o Béarn nun novo departamento.

Durante a Guerra da Convención foi o centro desde o que partiron os ataques franceses contra o sur dos Pireneos.

NotasEditar

  1. "Donibane Garazi", artigo na Enciclopedia Auñamendi (en éuscaro).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar