Chennai
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Chennai (சென்னை en támil) (antigamente Madrás) é a capital de Tamil Nadu na India, con 6 800 000 habitantes é a cuarta cidade do país. Localízase na costa de Coromandel, no Golfo de Bengala.
Chennai | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
![]() | |
País | ![]() |
Estado | Tamil Nadu |
Xeografía | |
Altitude | 6 msnm |
Superficie | 426.7 km² |
Demografía | |
Poboación | 4.681.087 hab. (2011) |
Densidade | 26.702 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 600 xxx |
Alcalde | Saidai Duraisamy |
Páxina oficial |


Historia Editar
Chennai recibiu o seu nome actual en 1996.
Mylapore Editar
Nunha rexión poboada dende séculos, a cidade anteriormente coñecida coma Madras (ata 1996) xurdiu por unión de varias poboacións veciñas, xeralmente vinculadas a templos: Thiruvanmiyur no sur; Thiruvotriyur ao norte; Thirvallkeni (hoxe barrio de Triplicane) no centro. A a máis antiga semella que foi Mylapore (hoxe barrio central de Thirumaylai). Foi un activo porto da Costa de Coromandel dende o século I aC e centro da cultura támil. Supostamente foi visitada por Tolomeo e poida que polo apóstolo San Tomé. De feito, nos arredores da cidade actual, no suroeste, álzase o Monte de San Tomé, suposto lugar da prédica evanxelizadora[1].
Mylapore foi porto e un centro administrativo das sucesivas dinastías que gobernaron o sueste do subcontinente indio no primeiro milenio: Chola, Pallava, Pandya, Khilji e os Nayaks do Imperio de Vijayanagar. Do tempo dos Pallava data o importante templo de Kapalleeshvarar (século VII).
En 1522 os portugueses arriban e constrúen alí o asentamento e porto de São Tomé de Meliapore. Destruíron o templo de Kapaleeshwarar (reconstruído no XVIII) e erixiron a basílica de Sao Tomé sobor da suposta tumba do apóstolo.
Colonia británica: Madras Editar
En 1639 Francis Day merca para a Compañía Británica do Leste da India a concesión dunha franxa de terra ao norte de Mylapore onde existía a localidade pesqueira de Madraspatnam. Ao ano seguinte constrúen un forte (Fort St. George) con vivendas e peirao, ó que chamaron White Town, por oposición á Black Town ou asentamento indíxena que creceu ao carón do anterior.
En 1746 os franceses ocúpana brevemente destruíndo a Black Town. Tres anos despois volve ás mans dos británicos. Reforzan con bastións o forte que adopta forma semioctogonal[2] e deixan unha explanada de medio quilómetro ao norte no lugar que ocupara aquela, estendendo máis ao norte unha nova retícula urbana (futura George Town)[3].
Amais, durante todo o século XVIII agrandan a colonia mediante sucesivas adquisicións (entre outras Triplicane, Tiruvottiyur e a propia Mylapore)[4]. Convértese en base naval inglesa e centro administrativo das posesións do imperio no sur da India (Madras Presidency).
No século XIX experimenta un gran crecemento ao ser o porto do intercambio comercial da rexión con Europa, incrementado pola posta en marcha cara ao fin da centuria da rede de ferrocarrís da India[5].
Pero a verdadeira explosión urbana produciuse trala independencia do país en 1948 e a industrialización das décadas posteriores (sinaladamente a industria do automóbil). Hoxe un novo pulo vén da man de ser un centro das Tecnoloxías da Información.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chennai |
A Galipedia ten un portal sobre: India |