Advocacións das parroquias galegas
Esta páxina está proposta para ser movida aos Galilibros. A razón é que o seu contido é un traballo orixinal. Se pensas que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, por favor, faino e logo retira esta mensaxe. En caso contrario, podes axudar dándolle formato segundo as regras dos Galilibros antes de que se produza o traslado.
Valora a posibilidade de solicitarlle a un administrador dos Galilibros que importe esta páxina dende o proxecto irmán. |
Cada unha das 3.792 parroquias de Galicia constatadas no nomenclátor de topónimos ten un santo patrón. Non se debe confundir co concepto de haxiotopónimo, que é un topónimo (nome de lugar) que etimoloxicamente procede do nome dun santo (Santiso < San Tirso, Sanchidrián < Santo Hadrián, Santa Comba, Santiago etc.).
Advocacións
editarEste patrón asignado ou advocación é normalmente único, pois moi poucas veces consta unha parella e moi ocasionalmente máis de dúas. Estes oito casos, dos cales seis son capitais do seu concello, son os seguintes:
- Entenza (Santos Xusto e Pastor) en Salceda de Caselas;
- Figueiró (San Martiño e San Campio) en Tomiño;
- A Gudiña (San Martiño e San Pedro);
- Avión (Santos Xusto e Pastor);
- Cangas (Santiago e San Salvador);
- Viveiro (Santa María e Santiago);
- Caldas de Reis (San Tomé e Santa María);
- Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario);
En Galicia existen entre 102 e 163 advocacións distintas. Esta variación numérica depende de se se consideran iguais ou distintas certas parellas ou grupos de advocacións con similitudes, por exemplo:
- Santa Locaia, Santa Locacia e Santa Leocadia, como Santa Locaia, parroquia de Castro de Rei (Lugo);
- San Clemente, San Clemenzo e San Cremenzo;
- Santa María (e outras moitas advocacións marianas: Nosa Señora ou Virxe, como Fátima ou Carme);
- María Magdalena e Magdalena
- Advocacións da Paixón de Cristo e da liturxia: o Sagrario, Divino Salvador, Divino Pastor, Santa Cruz (tamén unha santa), o Bo Xesús etc.
Hai tamén sete parroquias nas que non consta o seu santo patrón, probablemente por seren parroquias urbanas con moitas igrexas parroquiais:
- Ourense;
- Santiago de Compostela;
- Narón;
- Betanzos;
- Veigas de Camba, en Vilariño de Conso;
- Ferrol;
- A Coruña;
As once advocacións con máis parroquias son as seguintes (entre parénteses, o número de parroquias con esa advocación e a porcentaxe sobre o total):
- Santa María (750 - 19,8 %);
- San Pedro (307 - 8,1 %);
- Santiago (288 - 7,6 %);
- San Martiño (Martiño de Dumio ou Martiño de Tours) (238 - 6,3 %);
- San Xoán (sexa San Xoán Evanxelista ou San Xoán Bautista) (234 - 6,2 %);
- advocacións xerais de Cristo (Cristo [1], Divino Salvador [1] e O Salvador [4] pero, sobre todo, San Salvador) (172 - 4,5 %);
- San Miguel (152 - 4,0 %);
- Santa Eulalia, Olaia, Baia, Santaia e Santalla (140 - 3,7 %);
- San Xiao, San Xián, San Xullán ou San Xulián (127 - 3,3 %);
- Santa Mariña (109 - 2,9 %);
- Santo Estevo (106 - 2,8 %);
Queda patente a enorme presenza de Santa María, probablemente vestixio dun culto feminino e dunha sociedade matriarcal prelatina pervivente dalgunha maneira ata os nosos días.[Cómpre referencia]
Orixe
editarA orixe principal dos santos venerados nas parroquias galegas é bastante antiga: non hai practicamente advocacións de santos canonizados recentemente ou dos últimos séculos. Porén, hai mesmo santos de orixe descoñecida: en boa medida, pódese admitir que moitas das persoas ou obxectos de culto precristiáns foron recristianizados,[Cómpre referencia] perdendo no camiño a consciencia do seu tema, o paganismo orixinario ou mesmo da súa orixe galega. Esta transformación foi tan radical que se chegaron a dous extremos de histrionismo:
- Santos alleos que agora se pensan que son de orixe galega;
- Personaxes de sona e mesmo culto persoal que probablemente se cristianizasen oficialmente nun santo, ou persoas cuxo culto comezou antes de dárselle carta de santidade (a cal ás veces non se lle chegou a dar nunca);
As orixes principais das advocacións das parroquias de Galicia son seis:
- santos ibéricos;
- santos italianos;
- outros santos europeos (Grecia, Hungría ou Francia);
- santos de Turquía (antiga Antioquía);
- santos de Israel;
- santos do resto de Oriente Medio (principalmente Siria e Exipto);
Como era de esperar, os máis abundantes con diferenza son os israelitas, seguidos polos italianos e os turcos. As imaxes de abaixo reflicten a frecuencia e distribución en número de parroquias das advocacións a santos coas características indicadas para cada un dos 313 concellos de Galicia segundo o cruzamento dos datos de orixes fornecidas no libro de Ferro Ruibal e o nomenclátor dispoñible no CIRP. O cadro inferior esquerdo de cada imaxe representa o último concello creado en Galicia, A Illa de Arousa, e a delimitación verde suplementaria divide Galiza en seis partes: as dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Tui-Vigo e Astorga.
-
Santos do resto de Europa
-
Santos do resto de Medio Oriente
Culto
editarNon tódolos santos se veneraron igual en tódalas épocas. Ademais de que obviamente non se pode prestar ó culto un santo que aínda non foi santificado, as modas e frecuencias (e posiblemente tamén a utilización aproveitada dos santos para fins políticos)[Cómpre referencia] nas advocacións flutúan cos séculos. Se houbese que deducir en que época se cristianizou Galicia a partir das advocacións máis presentes nas parroquias se chegaría a unha conclusión bastante evidente: os santos cuxo culto comezou no século VI son os máis abondosos nas advocacións das parroquias galegas, contabilizando un total do 58 % dos analizados. As porcentaxes de tódolos datos son as seguintes:
- século IV: 5 %;
- século V: 11 %;
- século VI: 58 %;
- século VII: 25 %;
- século VIII: 1 %;
- século IX: 1 %;
- século X: <1 %;
A distribución superficial destes datos ó longo da xeografía galega represéntase nos sete mapas inferiores. Unha santa significativa nestes sentido é Santa Baia, santa galega datable entre os primeiros séculos da cristiandade (século IV) que aínda así mantén ata agora un enorme número de parroquias no seu honor, sendo a oitava con máis frecuencia no santoral das parroquias galegas. O seu santo é o 12 de febreiro, unha data atípica (probablemente indicio do seu carácter conservador) pois a maioría dos patróns das parroquias galegas teñen a festividade actual no verán.
Representación cartográfica das frecuencias absolutas de parroquias para cada concello segundo a época de orixe do culto de cada advocación.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ferro Ruibal, Xesús et al. (1992): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo. ISBN 84-7680-096-7
- González Reboredo, Xosé Manuel (2012). Os santos titulares de parroquia en Galiza. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-626-7.