Xoán Bautista de La Salle

Xoán Bautista de La Salle, nado o 30 de abril de 1651 en Reims (Francia) e finado en Ruan o 7 de abril de 1719, foi o fundador da comunidade dos Irmáns das Escolas Cristiáns ou lasalianos.

Modelo:BiografíaXoán Bautista de La Salle

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean-Baptiste de La Salle Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1651 Editar o valor en Wikidata
Reims, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1719 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónReims Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo, mestre, sacerdote católico, pedagogo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaInstituto dos Irmáns das Escolas Cristiás Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de abril Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1039510 WikiTree: De_La_Salle-2 Find a Grave: 61846041 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado no seu dunha familia nobre, estudou teoloxía en París, foi canónico e presbítero. Sensibilizado coa situación da xuventude marxinal das capas máis baixas da poboación, repartiu os seus bens entre os necesitados e acolleu na súa casa a mestres pobres. Fundou unha comunidade de laicos non sacerdotes, aínda que co tempo foron asumindo os votos de pobreza e celibato para mellor cumprir o seu compromiso a prol da educación e promoción humana da xuventude das masas campesiñas esfameadas, dos fillos de artesáns depauperados e da primeira xuventude proletaria, para a que fundou escolas dominicais. Incidiu tamén na rehabilitación de mozos delincuentes.

Os seus métodos pedagóxicos foron innovadores: potenciación da lingua vernácula e materna fronte ao latín, clases en grupo para fomentar o compañeirismo e os valores de camaradería e axuda mutua, formación de mestres, así como o fincapé no reforzo positivo máis que na mera disciplina e a represión.

As súas iniciativas espertaron desconfianza na xerarquía eclesiástica e a oposición de nobres influentes. O carácter laical e gratuíto das escolas e centros de formación suscitou oposición e receo, pero isto non impediu a consolidación da súa orde, incluída na propia París e a súa expansión por toda Europa. En 1698, redacta a regra da Congregación.

Deixou escritas algunhas obras de espiritualidade e pedagoxía.

Significación

editar

Foi beatificado en 1888 e canonizado en 1900 por León XIII. Está considerado na Igrexa Católica como un dos patróns dos mestres e educadores ao igual que Xosé de Calasanz ou Xoán Bosco.

As súas experiencias pedagóxicas son o xermolo da escola primaria francesa. O número de rapaces e mozos labregos, artesáns e traballadores alfabetizados explica o éxito da difusión de panfletos propagandísticos dos ideais revolucionarios e a organización das capas máis desherdadas que foron a forza de choque utilizada pola burguesía para facer triunfar Revolución Francesa.

En Prusia durante o Kulturkrampf a orde lasaliana foi prohibida, reanudándose a súa presenza despois de 1918, para volver a ser prohibida polo nazismo.