Francisco de Sales

Francisco de Sales, nado no castelo de Sales (en Savoia) en 1567 e finado preto de Lión o 28 de decembro de 1622, foi un misioneiro católico.

Modelo:BiografíaDoutor da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Francisco de Sales

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) François de Sales Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1567 Editar o valor en Wikidata
Château de Thorens, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1622 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAnnecy Editar o valor en Wikidata
Bishop of Geneva (en) Traducir
17 de setembro de 1602 –
← Claude de Granier (pt) TraducirJean-François de Sales (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1602–1622), sacerdote católico (1593–), escritor, teólogo Editar o valor en Wikidata
MovementoContrarreforma Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCongregação do Oratório (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónVespasien Gribaldi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe-bispo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisFrançois de Sales de Boisy Editar o valor en Wikidata  e Françoise de Sionnaz de Vallières Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean-François de Sales Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Nunquam excidet Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 16517 BNE: XX842172 IMSLP: Category:Sales,_Francis_de Editar o valor en Wikidata

Bautizado co nome de Francisco Buenaventura, despregou unha vigorosa actividade misioneira en terras calvinistas malia ter unha saúde precaria. Beatificado por Alexandre VII en 1665 e declarado Doutor da Igrexa en 1878 por Pío X como doutor da amabilidade. Na actualidade é o patrón dos xornalistas.

Educación

editar

Foi un neno inquedo aínda que enfermizo, educado no catolicismo no propio castelo onde nacera. Estudou no colexio de Annency. Xa mozo, foi desenvolvendo un carácter iracundo do que era consciente e contra o que loitou toda a súa vida, querendo ter como modelo a Francisco de Asís.

Tivo como preceptor a Pedro Deage, un sacerdote ríxido e esixente que o endureceu pero que, por contraste, farao ser máis tolerante e suave cos seus discípulos e subordinados.

Asumiu unha serie de propósitos dende moi novo, que desenvolvería máis tarde e que chegaron a ser clásicos da pedagoxía católica popular: oración matinal e antes de deitarse, meditación verbo dos dons concedidos por Deus de cara a acción de grazas, exame de conciencia, rezo do rosario, axuda ao pobre e o necesitado, trato amable con todos, lecturas piadosas, devoción pola eucaristía e confesión semanal (como afirmación fronte á negación dos protestantes da transubstanciación e do sacramento da confesión).

Trasladouse a estudar á Universidade de París, concretamente ao colexio de Clermont rexentado polos xesuítas. Aplicouse no estudo así como na equitación, a esgrima e o baile. Era ben recibido nas reunións sociais de xente refinada, onde admiraban os seus coñecementos en retórica e filosofía, expostos por el con sinxeleza e sen pretensións.

Francisco de Sales, na altura do seu éxito social, sufriu unha fonda crise existencial que o puxo en contraste vital coas principais doutrinas luteranas e calvinistas (a graza e a predestinación). Tentando non participar das diversións contrarias a súa moral, foi obxecto de burlas que lle causaban unha profunda ira interior, que conseguía dominar ata o punto de que todos o tiñan por unha persoa apracible e mansa. A xenreira nacíalle dun sentimento de orgullo e soberbia, polo que chegou a atormentarse coa teima dunha segura condenación. Coñecedor das doutrinas de Jean Calvin, chegou a angustiarse coa idea de que estaba predestinado á condenación. Caeu nunha aguda depresión, perdendo o sono e a fame. Mais nesta crise interior empezou a percibir que o que máis lle facía sufrir non era o terror ás penas do Inferno senón a imposibilidade de amar a Deus, unha vez condenado.

Cun sentimento de inutilidade e fraxilidade radical, atopou luz na lectura no Evanxeo de frases como Deus enviou ao seu Fillo ao mundo non para condenalo, senón para que os malvados se salven por medio de El (Xn 3:17). Encontrou tamén apoio na súa devoción á Virxe María, segundo as recomendacións de San Bernaldo.

Sandado do seu orgullo, recuperou un entusiasmo liberador. As súas experiencias de fraxilidade e afundimento fixérono compasivo, e a súa vivencia da graza como experiencia transformadora ratificouno na súa convicción do erro do protestantismo.

O seu pai, Señor de Boisy ordenoulle estudar avogacía, e tiña para el proxectos de prosperidade social mediante un prometedor vencello matrimonial. En Padua estudou Dereito pero sacou horas con grande esforzo para estudar tamén Teoloxía. Non aceptou a dignidade senatorial que lle ofreceron e revelou ao seu pai a súa decisión de ser sacerdote. Coa oposición tallante deste, foi ordenado en 1593.

Sendo deán de Xenebra, moi cedo viuse o seu estilo peculiar, centrado especialmente nos marxinados e desfavorecidos. Así mesmo, o seu xeito de predicación era sinxelo, carente de afectada retórica, que desgustaba ao clero elegante, pero que chegaba ás capas humildes da sociedade xenebresa.

A Misión de Chablais

editar

O Bispo Claudio de Garnier, decidiu envialo á unha misión evanxelizadora en terras gañadas pola nova fe calvinista. Nun contexto de sanguentos conflitos relixiosos, unha misión pacífica e desprotexida como esta alarmou ao Señor de Boisy, que considerou que o seu fillo ía directo ao martirio. Tentou influír no bispo para que revogase a encomenda, pero a firmeza na decisión de Francisco mantivo a decisión do Bispo. O seu pai desautorizouno argumentado que non quería ser o asasino do seu fillo.

Francisco emprendeu a pé a viaxe e, sen casa nin acubillo, sufriu as penalidades xeográficas e climáticas ademais das propias dunha situación tinguida de violencia e intolerancia. Nesta tesitura aprendeu unha lección que o marcaría: atacado polos lobos, salvou a vida agabeando nunha árbore, da que foi rescatado por uns labregos calvinistas. Isto fíxolle amar aínda máis aos seus adversarios de fe. Mediante a soa amizade, paradoxalmente, converteunos ao catolicismo.

Os resultados da misión, eran escasos, estando a rexión asolagada pola guerra e a inseguridade, Francisco enxeñou un método para chegar ao máximo número de labregos e montañeses: a redacción e distribución de panfletos ou follas voantes onde expuña a fe católica fronte ao que consideraba erros calvinistas. Os orixinais aínda consérvanse no convento da Visitación de Annency.

Foi obxecto de persecucións, ameazas, calumnias e maltratos pero, de vagar, foi gañándose ás xentes das aldeas, que admiraban a súa paciencia, tolerancia e afouteza. Isto permitiu que, tras varios anos de dedicación e sufrimentos, o bispo Garnier fora recibido en Thonon por unha multitude que volvera ao catolicismo. Cando explicou a razón do seu éxito nunha carta a Santa Xoana de Chantal, afirmou: Levo repetido moitas veces que a mellor maneira de predicar aos herexes é o amor, aínda sen dicir unha palabra de refutación contra as súas doutrinas.

Bispado

editar

O recoñecemento ao seu labor propiciou que fora proposto como bispo coadxutor de Xenebra. Algo que rexeitou, ata que, debido á insistencia dos propoñentes, acabou aceptando, caendo enfermo ao pouco tempo.

Tal era a súa sona que o Papa Clemente VIII, entre o recoñecemento e a preocupación, decidiu sometelo a un exame teolóxico para contrastar, a través dun difícil interrogatorio, se eran ortodoxas as súas ideas. Máis que a exactitude nas respostas, deixou unha pegada a sinxeleza e modestia coas que expuxo os seus coñecementos doutrinais. Francisco saíu confirmado da proba.

Foi invitado a predicar en París, na propia capela real, que se ateigaba de multitudes que acudían para escoitalo. O rei Henrique IV tentou ofrecerlle unha alta dignidade na capital, pero Francisco porfiou que prefería á esposa pobre da montaña á señora rica da capital que lle ofrecían. Alí xa bispo titular, entregouse plenamente consonte ao seu dito, recollido de San Bernaldo: A medida do amor e o amor sen medida.

Tivo unha especial relación de afecto e colaboración con Xoana de Chantal cuxo froito foi a fundación da congregación da Visitación (as salesas) en 1610. Esta congregación combinaba vida contemplativa con vida activa fóra do convento axudando a enfermos e necesitados. Isto provocou a oposición do bispo de Lión, o que obrigou a redactar unha regra inspirada na de Santo Agostiño.

Admirado pola súa fe incólume, todos comprobaron que nada tiña que ver co xélido fanatismo cando chorou con fonda dor a morte da súa nai ese mesmo ano de 1610.

En 1622 foi chamado polo duque de Savoia, o futuro Lois XIII. Acudiu a esta chamada co fin de defender a zona da diocese que estaba baixo a soberanía francesa. A dura viaxe en pleno inverno minguou sen remedio as súas forzas. Á volta, detívose en Lión na casiña do xardineiro do convento da Visitación. Xa moi feble e case sen poder falar, as relixiosas pedíronlle que dixese cal era a virtude que había que empezar por practicar. Francisco escribiu: a humildade. Proseguindo á viaxe morreu o 28 de decembro de 1622. No leito de morte repetía: O Señor sacoume do foxo da miseria e do pantano da iniquidade.

Reliquias

editar

O seu corazón foi trasladado nun estoxo de prata ao convento da Visitación. Foi soterrado en Annency. Cando en 1632, se exhumou o seu cadáver, comprobouse que este non sufrira descomposición ningunha, algo que todo o pobo puido comprobar. A piadosa tradición di tamén que cando se lle sacou o fel, encontrárono convertido en 33 pedriñas, que a devoción popular interpreta como o resultado de loitar contra a xenreira do seu carácter.

  • As controversias.
  • A Introdución á vida devota (Filotea).
  • O Tratado do Amor de Deus (Teótimo).