Mariña de Augas Santas

santa católica

Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.

Infotaula de personaMariña de Augas Santas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento119 Editar o valor em Wikidata
Baiona Editar o valor em Wikidata
Morte139 Editar o valor em Wikidata (19/20 anos)
Augas Santas Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de xullo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLucio Castelio Severo Editar o valor em Wikidata
IrmánsEufemia de Ourense, Vitoria, Xermana, Marciana, Xenibera, Basilia, Quiteria e Liberata Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa vida mestura lenda e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual Baiona) cara ao 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo (gobernador romano da Gallaecia e Lusitania) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas, chamadas Liberata[1], Xenevra[1], Quiteria[1], Eufemia[1], Xermana[1], Marciana[1], Basilia[1], Vitoria[1] e a mesma Mariña[1], nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de infidelidade (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á concupiscencia da muller), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no río Miñor.

Sila, que era cristiá, non as quixo matar e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo bautizadas polo bispo Ovidio de Braga, e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.

De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao se negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como mártires. Mariña foi decapitada o 18 de xaneiro de 139 en Augas Santas (Allariz). No lugar da súa morte abrollaron tres fontes en cada lugar onde golpeou a súa cabeza ao ser decapitada.

Patroa editar

Véxase tamén: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña

Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de Teo, Xinzo de Limia, Cambados e As Neves. A devoción á santa é particularmente xeneralizada en Galicia contando con 36 igrexas baixo a súa advocación na diocese de Santiago, 14 na diocese de Tui e 16 na diocese de Ourense.[2] Tamén está asociada a complexos de augas medicinais na Península Ibérica.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  2. García Fernández-Albalat, Blanca, Las rutas sagradas de Galicia, Deputación da Coruña, pax 57

Véxase tamén editar

Bibliografía editar