Lucio Castelio Severo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Lucio Castelio Severo é unha figura entre o histórico e o mitolóxico que chega a nós como personaxe dos relatos sobre varias santas mártires e virxes da Igrexa Católica que supostamente eran fillas súas.
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Fillos | Vitoria, Liberata, Xermana, Marciana, Xenibera, Mariña de Augas Santas, Basilia, Eufemia de Ourense, Quiteria ![]() |
Figura na lenda
editarLucio Castelio Severo é un gobernador romano pagán da Gallaecia e Lusitania residente en Balcagia (a Baiona actual) e casado con Calsia. O pouco que se sabe del é que no transcurso dunha campaña militar no ano 119, desprazado lonxe de Balcagia onde deixara a muller, Calsia tivo un parto con nove fillas e asustada porque o marido pensase que tantas fillas só poderían ser froito da infidelidade e promiscuidade decidiu a través da súa criada cristiá Sila desfacerse delas botándoas no río Miñor e evitar así a súa vergoña.
Sila apiadouse delas e repartiu os naipelos entre diferentes familias cristiás, foron bautizadas polo bispo de Braga Santo Ovidio e as nenas (Xenevra, Liberata, Mariña, Quiteria, Vitoria, Marciana, Basilia, Eufemia, e Xermana) medraron chegando a ser exemplos de santidade. Por este motivo foron perseguidas e martirizadas no ano 139 polo seu propio pai malia a que el mesmo tentara convencelas de que abandonasen a súa fe e vivisen unha vida de luxos como parte da súa familia.