Augas Santas, Allariz

parroquia civil do concello de Allariz

Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).

Augas Santas
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.
ConcelloAllariz[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°14′27″N 7°47′12″O / 42.240711111111, -7.7866472222222
Poboación155 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.

Patrimonio histórico

editar

Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo[2].

Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo o descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.

Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.

Festas

editar

O día da ascensión celébrase a procesión dos pendóns e o día de Santa Mariña, 18 de xullo, festéxase a esta santa.

Demografía

editar

No período 1999—2010 a poboación de Augas Santas diminuíu 96 persoas (48 homes e 48 mulleres), en porcentaxe iso supón unha caída do 32,43 %.

Augas Santas, evolución da poboación
Ano 1999 2003 2007 2010 +/- %
Pob. 296 253 222 200 - 32.43
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE Arquivado 30 de decembro de 2020 en Wayback Machine.)
Distribución da poboación nos lugares de Augas Santas en 2010
Lugar Armeá Ducí Laioso Outeiro de Laxe Pazo
Pob. 6 11 40 27 1
Lugar Sta.M. de Augas Santas O Souto Tosende Turzas A Vila
Pob. 67 19 9 17 3
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE Arquivado 30 de decembro de 2020 en Wayback Machine.)
editar

Preto da igrexa parroquial levántase o denominado carballo de Santa Mariña. Vicente Risco contaba (en 1962) que nunca se decotara porque se supón que botará sangue se se fere co machado. Baixo o carballo hai unha pedra que ten a forma dun orella, e crese que a auga que se acumula nos ocos desta pedra é boa contra a xordeira se se lavar con ela os oídos [3].

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Allariz.

Bibliografía

editar
  • “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Augas Santas

editar
Lugares da parroquia de Augas Santas no concello de Allariz (Ourense)

Armeá | Ducí | Laioso | Outeiro de Laxe | Pazo | Santa Mariña de Augas Santas | O Souto | Tosende | Turzas | A Vila

Parroquias de Allariz

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar