Mamede de Capadocia
Mamede de Capadocia, nado en Cesarea de Capadocia (Imperio Romano) no 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede. A Igrexa Católica celebra o seu día o 17 de agosto.
Mamede de Capadocia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 259 |
Lugar de nacemento | Kayseri |
Falecemento | 275 |
Lugar de falecemento | Kayseri |
Relixión | cristianismo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
LendaEditar
Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.
Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.
SignificaciónEditar
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.
En Bilbao existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mamede de Capadocia |