Amorín, Tomiño

parroquia civil do concello de Tomiño

San Xoán de Amorín é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.265 habitantes (671 homes e 594 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 729 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Amorín
Amorín, Tomiño.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloTomiño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°59′56″N 8°41′02″O / 41.99883767, -8.68396458Coordenadas: 41°59′56″N 8°41′02″O / 41.99883767, -8.68396458
Poboación1.265 hab. (2014)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

A igrexa de San Xoán de Amorín foi construída no ano 1780. Presenta trazos barrocos, pero conserva o carácter románico. Con anterioridade estaba emprazada no barrio de Baceiro. Na actualidade atópase nunha explanada arredor do adro. Alí érguense árbores de distintas especies. Este recinto está presidido por un cruceiro de 1900.

O castelo, do que só fican ruínas, foi construído enteiramente polo capitán xeneral de Galicia Vicente Gonzaga cara o ano 1657. Foi ampliado, máis tarde, cunha obra coroada por don Luis de Poderico. Tras a ampliación, o primitivo edificio, viuse mellorado cun recinto de dous baluartes enteiros, dous medios e tres revelíns de revestimento exterior, todo isto co seu correspondente foxo e camiño cuberto. Así mesmo, construíuse unha plataforma de artillería cara ó río. Este castelo tiña varias dependencias interiores, como a casa do Gobernador, cuarteis e corpos de garda. Trátase dunha fortaleza de construción terreña con profundos foxos. Xa nos informes militares do século XVIII descríbeno nun estado ruinoso. Na actualidade, esta fortificación atópase mergullada entre a vexetación.

As areeiras de Amorín son un embarcadoiro fluvial así denominado porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, caeu en desuso. Aquí, os pescadores do Miño, concentran unha pequena frota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan peixes sabre, lampreas, salmóns, meixóns, e demais especies do río.

Lugares e parroquiasEditar

 
Cruceiro, ano 1900.

Lugares da parroquia de AmorínEditar

Lugares da parroquia de Amorín no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Arrotea | Baceiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | O Outeiro

Parroquias de TomiñoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar