Triquiúridos
Triquiúridos Trichiuridae Sabres, peixes sabre | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trichiurus lepturus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
A dos triquiúridos (Trichiuridae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, e suborde dos escombroideos.[1]
Os peixes desta familia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[2]
A familia comprende unhas 40 especiess distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[3]
A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.[4][5]
Características
editarTeñen o corpo extremadamente alongado e fortemente comprimido lateralmente,[6] ao que deben o nome vulgar de sabres,[7][8] ou peixes sabre.[9]
Depredadores, a súa boca e grande, e nas mandíbulas teñen longos dentes afiados de tipo cairo.[3][6]
A aleta dorsal é moi longa, estendéndose todo ao longo do corpo, coa parte de raios brandos máis longa que a parte con raios espiñentos, distinguíbeis ambas as partes por unha marca nalgunhas especies. A aleta caudal é pequena, e algunhas veces está ausente. As aletas pectorais insírense na parte baixa do corpo, e as aletas pectorais, de estaren presentes, son case vestixiais.[3]
Só presentan unha narina a cada lado do fociño.[6]
Algúns deles son comestíbeis, especialmente a especie Trichiurus lepturus.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[1] na súa obra Indice d'ittiologia Siciliana: ossia, Catalogo metodico dei nomi Latini, Italiani, e Siciliani dei pesci che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione di alcuni nuovi pesci Siciliani / opuscolo del Signore C. S. Rafinesque Schmaltz, impreso en Messina por Giovanni del Nobolo.
Etimoloxía
editarO nome da familia, Trichiuridae, está formado polos elementos do latín científico thichi- e -ur-, tirados da raíz do xenitivo do nome do grego antigo θρίξ τριχός thríx, trichós "pelo", "cabelo", e a voz οὐρά ourá, "cola", coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais.
Clasificación
editarSegundo o WoRMS e o ITIS, a familia comprende 10 xéneros, agrupados en tres subfamilias:[1][10]
Familia Trichiuridae
- Subfamilia Aphanopodinae Gill, 1863 [11][12]
- Xénero Aphanopus (Lowe, 1839)
- Xénero Benthodesmus (Goode & Bean, 1882)
- Subfamilia Lepidopodinae Gill, 1863 [13][14]
- Xénero Assurger (Whitley, 1933)
- Xénero Eupleurogrammus (Gill, 1862)
- Xénero Evoxymetopon (Gill, 1863)
- Xénero Lepidopus (Goüan, 1770)
- Xénero Tentoriceps (Whitley, 1948)
- Subfamilia Trichiurinae Rafinesque, 1810 [15][16]
- Xénero Demissolinea (Burhanuddin & Iwatsuki, 2003)
- Xénero Lepturacanthus (Fowler, 1905)
- Xénero Trichiurus (Linnaeus, 1758)
Antigüidade
editarApareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o eoceno, no terciario inferior.[4][5]
En Galicia
editarNas augas galegas son frecuentes as especies Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) e Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758.[9]
Galería
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.
- ↑ Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Nelson, J. S. (2006).
- ↑ 4,0 4,1 Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
- ↑ 5,0 5,1 Familia Trichiuridae Arquivado 24 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Muus et al. (1998).
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISBN 84-7680.504-7.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
- ↑ 9,0 9,1 Lapidopus caudatus (Euphrasen, 1788) e Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-227.
- ↑ Trichiuridae no ITIS.
- ↑ Aphanopodinae Gill, 1863 no WoRMS.
- ↑ Aphanopodinae no ITIS.
- ↑ Lepidopinae Gill, 1863 no WoRMS.
- ↑ Lepidopinae no ITIS.
- ↑ Trichiurinae Rafinesque, 1810 no WoRMS.
- ↑ Trichiurinae no ITIS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triquiúridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Triquiúridos |
Bibliografía
editar- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S, A. ISBN 84-282-1161-2, pp. 234–235.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Familia Trichiuridae Arquivado 24 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.
- Familia Trichiuridae en FishBase.
- Trichiuridae no ITIS.
- Trichiuridae na ADW.
- Trichiuridae na EOL.
- Trichiuridae no NCBI.