Aphanopus é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos e familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos afanopodinos.[1][2]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1839 polo botánico, ictiólogo e malacólogo inglés Richard Thomas Lowe.[1][2]

Etimoloxía editar

Lowe constuíu o nome do xénero, Aphanopus, cos elementos do latín científico aphan- e -pus, tirados dos termos do grego antigo ἀφανής aphanḗs,"invisíbel", "oculto", "escondido", e πούς, poús, "pé", "pata", unidos cun -o- epentético para facilitar a prununcia.
Literalmente: "os que teñen as aletas ocultas".

Clasificación editar

Segundo o WoRMS, o ITIS e FishBase, o xénero comprende as sete especies seguintes:[1][2][3]

En Galicia editar

Nas augas próximas a Galicia pódese en contrar a especie Aphanopus carbo Lowe, 1839, coñecida vulgarmente como sabre negro.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Aphanopus Lowe, 1839 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 Aphanopus Lowe, 1839 no ITIS.
  3. Especies válidas do xénero Aphanopus na FishBase.
  4. sabre negro en: Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar