Triquiurinos

(Redirección desde «Trichiurinae»)
Triquiurinos
Trichiurinae
Sabres, peixes sabre

Trichiurus lepturus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Scombroidei
Familia: Trichiuridae
Subfamilia: Trichiurinae
Rafinesque, 1810

A dos triquiurinos (Trichiurinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, unha das tres nas que se subdivide a familia dos triquiúridos.[1]

Estes peixes son coñecidos vulgarmente como sabres,[2][3] ou peixes sabre.[4]

Características editar

Os peixes desta subfamilia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[5]

Taxonomía editar

Descrición editar

A subfamilia foi descrita en 1810 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, autor coñecido como Rafinesque,[1] na súa obra Indice d'ittiologia siciliana ossia catalogo metodico dei nomi latini, italiani, e siciliani, e siciliani dei pesci, che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale eseguito da un appendice che contiene la descrizione di alcuni nuovi pesci siciliani. Ill Opuscolo del signore C. S. Rafinesque Schmaltz, publicada en Messina, Sicilia (Italia).

Etimoloxía editar

O nome da subfamilia está construído normalmante, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Trichiurus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación editar

Segundo o WoRMS a subfamilia comprende catro xéneros, coas especies seguintes:[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Trichiurinae Rafinesque, 1810 no WoRMS,
  2. sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
  4. Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 226-227.
  5. Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar