Unha fosa nasal é unha abertura disposta xeralmente no nariz dalgúns animais, por onde intercambian osíxeno e dióxido de carbono co medio aéreo. Algúns mamíferos acuáticos, como as baleas ou os golfiños, teñen as fosas nasais situadas na parte superior do cranio no canto de no nariz, facilitando así a respiración cando ascenden á superficie.

Fosa nasal
Anatomía da fosa nasal
Corte lateral da fosa nasal
Latín cavum nasi
Gray's pág.994
MeSH Nasal+Cavity

Aínda que, nun sentido recto, a denominación de fosa nasal correspondería unicamente ás aberturas do nariz, na práctica aplícase tamén ás cavidades nasais que se abren tras estas.

Estrutura

editar

As fosas nasais humanas presentan a seguinte estrutura:

  • Teito: formado polas caras postero-inferiores dos ósos propios do nariz, espiña nasal do óso frontal, porción horizontal do etmoide, caras anterior e inferior do corpo do esfenoide.
  • Chan: formado polas porcións horizontais dos ósos maxilar superior e palatino
  • Parede medial: formada pola cartilaxe nasal media, caras laterais da lámina perpendicular do etmoide e caras laterais do vómer.
  • Paredes laterais: constituídas pola porción vertical do maxilar superior, cara interna do ungüe, cara interna das masas laterais do etmoide, cornetes superior, medio e inferior; apófise unciforme, cara interna da á interna das apófises pterigoides do esfenoide.

Teñen por función, ademais de aspirar aire, quentalo, humidificalo e reter os elementos perigosos deste aire. Este mesmo aire porta as moléculas químicas responsables da activación da vía olfactoria.

A irritación das fosas nasais é a que desencadea o reflexo do espirro.