O óso frontal é un óso impar do cranio, situado na parte anterosuperior. Nel pódense establecer catro partes: escama. porción nasal e dúas porcións orbitarias.

Vista anterior do frontal.

Escama

editar

Tamén chamada porción vertical do frontal, correspóndese coa fronte e parte da cúpula cranial. Articúlase cos ósos parietais a través da sutura coronal, e coas ás maiores do esfenoide. Ós dous lados da liña mediosaxital presenta a eminencia frontal ou protuberancia frontal. Preto do bordo caudal e a ámbolos dous lados da liña media están os arcos superciliares (que se corresponden coa zona das cellas); entre estes dous arcos existe unha depresión chamada glabela. Nesta porción vertical e a cada beira do plano saxital están os seos frontais, separados por un tabique que pode ser incompleto ou mesmo non atoparse na liña media. Estes seos poden estar divididos en pequenas celas.

Porción nasal

editar

É a parte máis prominente, situada na parte media do seu bordo caudal, separando as órbitas entre si. Articúlase na súa parte anterior cos ósos propios do nariz a través da sutura nasofrontal; o punto medio desta sutura recibe un nome de seu: Nasión. Da superficie inferior despréndese a espiña nasal do frontal, que se articula coa crista galli do óso etmoide.

Porcións orbitarias

editar

Situadas a cada beira do bordo caudal da escama e separadas pola lámina cribosa do etmoide. Articúlanse na súa cara posterior coas ás menores do esfenoide. Acollen ás glándulas lacrimais na parte supero-externa da órbita e o músculo oblicuo maior do ollo.

Apófises orbitarias

editar

Existen catro, dúas interna e dúas externas:

  • Apófises orbitarias externas: artellan o frontal co ángulo superior do malar (articulación fronto-malar).
  • Apófoses orbitarias internas: artellan o frontal cos ósos propios do nariz, co óso lacrimal e co maxilar superior

Véxase tamén

editar

Galería de imaxes

editar