Tebra, Tomiño

parroquia civil do concello de Tomiño

Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 813 habitantes (409 homes e 404 mulleres). Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]

Santa María de Tebra
Igrexa de Santa María de Tebra
ConcelloTomiño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°02′29″N 8°44′14″O / 42.041472222222, -8.7371388888889
Poboación813 hab. (2022)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Situados no monte Tetón atópanse uns petróglifos.

No lugar do Outeiro está situado o Castelo de Tebra.

Festas e romarías

editar

As festas parroquiais teñen lugar entre o 6 e o 8 de setembro, na honra de Santa María.

A festa na honra da virxe de Grixó ten lugar o terceiro domingo de agosto, celebrándose unha romaría a carón da capela de Grixó[4]. Conta a lenda que ó lado desta capela apareceu a imaxe da Virxe, polo que esta foi construída. A virxe só está na capela ese día en concreto, e o resto do ano altérnanse entre o lugar de Cristelos (Barrantes) e Santa María de Tebra para gardala na súa respectiva igrexa. A romaría comeza pola mañá cando se oficia unha misa en cada igrexa e de cada parroquia sae unha procesión cara ao monte de Grixó. A xente pasa alí o día e a romaría está amenizada por dous grupos, un para cada parroquia. Ó final do día a xente baixa nunha nova procesión e á Virxe lévana a parroquia a que lle corresponde ese ano.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa María de Tebra

editar
Lugares da parroquia de Tebra no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Bandeira | O Carballal | Cimadevila | O Folón | A Igrexa | O Outeiro | A Pedreira | A Ponteciña | Samuelle

Parroquias de Tomiño

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar