Currás, Tomiño
San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 385 habitantes (197 homes e 188 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Currás | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Tomiño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222 |
Poboación | 385 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarA parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).
Historia
editarEsta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu o anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.
Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do asentamento romano[4].
Lugares e parroquias
editarLugares da parroquia de Currás
editarLugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
O Barral | O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel |
Parroquias de Tomiño
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "A GUARDA-TEBRA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
- ↑ Pode consultarse información sobre a vila romana e sobre este proxecto na seguinte ligazón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Currás, Tomiño |