Barrantes, Tomiño
San Vicente de Barrantes é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 928 habitantes (457 homes e 471 mulleres) segundo o IGE.[2] Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Barrantes | |
---|---|
![]() Igrexa de San Vicente de Barrantes. | |
Concello | Tomiño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°01′31″N 8°46′41″O / 42.02530349, -8.77812808Coordenadas: 42°01′31″N 8°46′41″O / 42.02530349, -8.77812808 |
Poboación | 928 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial de San Vicente é de orixe románica, é formou parte do mosteiro de San Salvador de Barrantes, fundado na terceira década do século XII.
De sur a norte, nesta parroquia se atopan[3]:
- contra o Alto da Pedrada (516 metros de altitude, que fai de divisoria entre esta parroquia, a de Tomiño e a de Burgueira, Oia no concello de Oia) as mámoas de Monte Pedrada e o xacemento medieval da Madanela no propio curuto;
- a necrópole medieval de Roteavella e o Outeiro do Castro antes de Cristelos;
- as mámoas dos Curros, as mámoas de san Xinés, os petróglifos das Tomadas do Vinculado e a mámoa do Alto da Cruz na estrema oriental con Burgueira, Oia;
- a mámoa do Cerro da Veiguiñas onda Vilachán do Monte;
- e máis ó norte os petróglifos da Rochiña.
MúsicaEditar
A Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes, dirixida por Hipólito Cabezas, gañou a XVIII Liga Galega de Bandas de Gaitas.
FestasEditar
Celébranse tres festas: a de San Xosé Obreiro, o 30 de abril e 1 de maio, a romaría de Grixó, o terceiro domingo de agosto, e a festa de San Miguel, o 29 de setembro.
No monte da Pedrada, o cumio máis alto do concello, celébrase en xullo unha romaría na honra da virxe da Magdalena.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da parroquia de BarrantesEditar
Lugares da parroquia de Barrantes no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Cerca | Cristelos | O Freixoal | A Gándara | Luneda | O Mosteiro | O Pazo | A Sardiñeira | Salvado | Vilachán do Monte |
Parroquias de TomiñoEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 23/8/2015.
- ↑ Visor do mapa básico da Xunta