A Arrotea, Amorín, Tomiño
A Arrotea é un barrio, o de menor tamaño, da parroquia de Amorín, en Tomiño. O seu número de habitantes supera os trescentos. Fai beira co río Miño
A Arrotea | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Amorín |
Concello | Tomiño |
Poboación | 323 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar está situada a igrexa parroquial e o castelo, do que só fican ruínas.
As areeiras de Amorín son un embarcadoiro fluvial así denominado porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, hoxe xa caeu en desuso. Aquí, os pescadores do Miño, concentran unha pequena frota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan sables, lampreas, salmóns, meixóns e demais especies do río.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AmorínEditar
Lugares da parroquia de Amorín no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Arrotea | Baceiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | O Outeiro |