Abrir o menú principal

Oia, Vigo

parroquia do concello de Vigo

San Miguel de Oia é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.981 habitantes, 1.921 homes e 2.060 mulleres. Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André.

Oia
Porto de Canido, Oia, Vigo, Galiza.jpg
Porto de Canido.
Situación Oia, Vigo.PNG
ConcelloVigo
Área7,2 km²
Poboación3.981 hab. (2013)
Densidade552,92 hab./km²
Entidades de poboación37

XeografíaEditar

Está situada ao suroeste do concello e do núcleo urbano de Vigo. Ten 7,2 km², e as súas costas dan á ría de Vigo, fronte ás illas Cíes

HistoriaEditar

No sitio arqueolóxico da leira Mirambell atopáronse restos datados entre os séculos III e VI.

A parroquia estivo durante a Idade Moderna baixo control do Cabido de Tui. No século XVIII, dada a importancia da actividade do cultivo do liño e da artesanía derivada, naceu a Irmandade dos Liñares, e tempo despois construíuse a Capela dos Liñares.

A parroquia posúe dous cruceiros, un no lugar do Cruceiro, que data do 1859, e o do adro da igrexa.

DemografíaEditar

En 2007 tiña 3.968 habitantes, sendo o núcleo máis poboado Canido, con 280. O resto son Amariz (55), As Eiras (56), A Estación (238), A Estea (70), A Poza (47), As Rochas (54), Cabo Estai (143), Canido (280), A Estrada Cortada (186), Cerqueiro (25), O Cruceiro (77), Currás (88),Esteriz (137), A Estomada (67), As Figueiras (162), Gontade (141), As Grades (60), A Ermida (183), A Igrexa (80), Lantexa (40), A Lavandeira (86), Os Liñares (83), O Loureiro (128), A Matoca (109), Mide (278), Oia (95), O Outeiro (102), O Bouzo (172), O Rozo (171), A Senra de Abaixo (99), A Senra de Arriba (107), O Silval (66), O Sixtro (147), O Toucido (67), O Toxal (27) e A Verdella (74).

EconomíaEditar

A vida económica da parroquia xira arredor da pesca (con importancia da industria conserveira) e o turismo, dado que ten varias praias.

Lugares de intereseEditar

Conta coas praias de Canido, Sobreira, Fuchiños e Xunqueiro.

Na parroquia está o instituto oceanográfico de Vigo, e consérvanse nela 154 hórreos.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar