Letras do noso tempo

Letras do noso tempo é un libro de crítica literaria en lingua galega, de 246 páxinas, da autoría de Francisco Fernández del Riego, publicado en Vigo pola Editorial Galaxia, en xullo de 1974.[1]

Letras do noso tempo
detalle da cuberta
Autor/aFrancisco Fernández del Riego
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Tema(s)literatura universal
Xénero(s)crítica literaria
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.xullo de 1974
Formato20 x 13,5 cm
Páxinas246 páxs. + 8 láminas
ISBNISBN 84-7154-219-6
editar datos en Wikidata ]

Contido editar

Contén ensaios sobre a a obra de autores contemporáneos das literaturas en inglés, francés, grego, italiano, alemán e castelán, como John Dos Passos, Ernest Hemingway, William Faulkner, John Steinbeck, Henry Miller, Norman Mailer, Truman Capote, William Styron, Jack Kerouac, Graham Greene, William Golding, Lawrence Durrell, Louis-Ferdinand Céline, Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Albert Camus, Alain Robbe-Grillet, Nathalie Sarraute, Michel Butor, Marguerite Duras, Claude Simon, Nikos Kazantzakis, Giorgos Seferis, Dino Buzzati, Alberto Moravia, Elio Vittorini, Cesare Pavese, Pier Paolo Pasolini, Vasco Pratolini, Italo Calvino, Ignazio Silone, Carlo Cassola, Giorgio Bassani, Robert Musil, Hans Erich Nossack, Hermann Kasack, Günter Grass, Heinrich Böll, Martin Walser, Peter Handke, Jorge Luis Borges, Miguel Ángel Asturias, Mario Vargas Llosa, Gabriel García Márquez, Juan Rulfo, Alejo Carpentier, Julio Cortázar, João Guimarães Rosa, Bertolt Brecht, Peter Weiss, Friedrich Dürrenmatt, Max Frisch, Jean Anouilh, Arthur Miller, Tennessee Williams, Tankred Dorst, Samuel Beckett, Eugène Ionesco, Arthur Adamov e Jean Genet.

Índice
  • "Limiar"
  • "O fenómeno novelístico norteamericano"
  • "A novela francesa contemporánea"
  • "Tres escritores ingleses"
  • "Os gregos Kazantzakis e Seferis"
  • "O chamado neorrealismo italiano"
  • "Novelistas alemáns e o "grupo 47""
  • "Literatura do "orbe novo""
  • "A dramática contemporánea"
  • "O teatro do absurdo"

Recepción editar

Carlos Durán dixo do libro que "a abondosa parte (case a mitade do libro) adicada á literatura en inglés e francés é do millor que se pode atopar hoxe en calquera língua culta e podería mesmo servir pra un curso de introdución a esas literaturas", unha obra esta onde Fernández del Riego fai unha severa crítica da "novela de protesta, que naceu nos Estados Unidos e veu desembocar na 'novela verdade' que en Truman Capote, por exemplo, dexenera en reportaxe xornalístico (tal é a manía polo dato e a documentación), chegando por ahí a un calexón sen saída na novela norteamericana" en referencia a In Cold Blood de Truman Capote, aparecida en 1966.[2]

Notas

  1. Vista previa en Google Books.
  2. Durán, Carlos (outubro-novembro-decembro 1974). "Letras do noso tempo, por Francisco Fernández del Riego". Grial (Vigo: Galaxia) (46): 501–503. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar