William Golding
escritor británico
William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornualla) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.
William Gerald Golding | |
---|---|
![]() Golding en 1983 | |
Nacemento | 19 de setembro de 1911 |
Saint Columb Minor, Inglaterra ![]() | |
Falecemento | 19 de xuño de 1993 |
Perranarworthal, Cornualla ![]() | |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Church of Holy Trinity, Bowerchalke |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Alma máter | Brasenose College, Oxford, Universidade de Oxford e Marlborough Royal Free Grammar School |
Ocupación | escritor, poeta, novelista, guionista e escritor de ciencia ficción |
Cónxuxe | Ann Brookfield |
Xéneros | Ficción alegórica, ensaio, teatro |
Coñecido/a por | O Señor das moscas e To the Ends of the Earth |
Premios | Premio Nobel de Literatura, James Tait Black Memorial Prize, Prémio Man Booker, Comandante da Orde do Imperio Británico, membro da Royal Society of Literature e Knight Bachelor |
Na rede | |
http://www.william-golding.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con O señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.