Lawrence Durrell
Lawrence George Durrell, nado en Jalandhar (na India, daquela colonia británica) o 27 de febreiro de 1912 e finado en Sommières (Francia) o 7 de novembro de 1990, foi un escritor británico, irmán do tamén escritor e zoólogo Gerald Durrell.
Lawrence Durrell | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de febreiro de 1912 e 1912 |
Lugar de nacemento | Jalandhar |
Falecemento | 7 de novembro de 1990 e 8 de novembro de 1990 |
Lugar de falecemento | Sommières |
Causa | Ictus |
Soterrado | Chapelle Saint-Julien de Montredon |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido |
Alma máter | Pancyprian Gymnasium, St Olave's and St Saviour's Grammar School, St Edmund's School e St. Joseph's School, Darjeeling |
Ocupación | poeta, dramaturgo, autobiógrafo, escritor e guionista |
Pai | Lawrence Samuel Durrell |
Nai | Louisa Durrell |
Cónxuxe | Eve Cohen, Nancy Isobel Myers, Claude-Marie Vincendon, Ghislaine de Boysson e Françoise Kestsman |
Fillos | Penelope Berengaria Walker Durrell e Sappho Jane Durrell |
Irmáns | Gerald Durrell, Margaret Durrell e Leslie Durrell |
Coñecido por | Quarteto de Alexandria |
Premios | James Tait Black Memorial Prize, Cholmondeley Award e membro da Royal Society of Literature |
Na rede | |
https://www.lawrencedurrell.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Deuse a coñecer como poeta e novelista na década dos trinta e obtivo o primeiro grande éxito de crítica con The Black Book, escrito en París en 1938. Así a todo, foi The Alexandria Quartet, tetraloxía composta por Justine (1957), Balthazar (1958), Mountolive (1958) e Clea (1960), a obra que o converteu nun clásico do noso tempo, debido en boa medida á súa exploración das posibilidades da linguaxe narrativa, e que provocou entusiastas comparacións do autor con Proust e Faulkner. Como boa parte da súa narrativa, procede da súa experiencia persoal como diplomático en Grecia, Iugoslavia, Chipre e Exipto e caracterízase pola experimentación formal en canto ao tratamento do tempo e o espazo. The Revolt of Aphrodite está composto por Tunc (1968) e Nunquam (1970). The Avignon Quintet fórmano Monsieur (1974), Livia (1978), Constance (1982), Sebastian (1983) e Quinx (1985).
É autor tamén de poesía (Poemas completos, 1931-1974) e de varias obras a medio camiño entre o ensaio e o libro de viaxes.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lawrence Durrell |
BibliografíaEditar
- "Durrell, Lawrence George". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 735. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Durrel, Lawrence". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.