Robert Musil

escritor austríaco

Robert Musil, nado o 6 de novembro de 1880 en Klagenfurt (Austria) e finado o 15 de abril de 1942 en Xenebra (Suíza), foi un escritor austríaco, autor da novela longa inacabada Der Mann ohne Eigenschaften (O home sen cualidades), unha das novelas modernistas máis sobranceiras, considerada clave no panorama literario do século XX[1]; a novela ocúpase do devalo moral e intelectual do imperio Austro-Húngaro a través dos ollos do protagonista Ulrich, un ex-matemático da Viena en vésperas da primeira guerra mundial.

Infotaula de personaRobert Musil

(1930) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Klagenfurt, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1942 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín - psicoloxía, filosofía (1903–1908) Editar o valor em Wikidata
Director de teseCarl Stumpf Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura em alemão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bolzán Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , guionista , ensaísta , dramaturgo , bibliotecario , novelista , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1905 Editar o valor em Wikidata -
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMartha Musil
PaiAlfred Musil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmusilgesellschaft.at Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0615754 Allocine: 80083 Allmovie: p318775
BNE: XX1721520 Bitraga: 905 Dialnet: 1912531 Musicbrainz: c756d94e-2bc2-4570-b361-d99d73c6cb4d Discogs: 1793410 Find a Grave: 10787529 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Casa na que viviu e escribiu entre 1921 e 1938.

Proveniente dunha familia da baixa nobreza (Edler)[2], cando era aínda un neno entrou na academia militar, experiencia que lle serviu para escribir a súa primeira novela, A confusión do interno Törless (1906), escrita mentres estudaba enxeñería. Abandonou con todo a academia e licenciouse como enxeñeiro. A súa curiosidade levouno a estender os seus estudos á psicoloxía, á lóxica e á psicoloxía experimental na Universidade de Berlín. Ensinou enxeñería mentres escribía a súa primeira novela, A confusión do interno Törless (1906), descrición da vida duns adolescentes nun colexio militar. O éxito desta obra animoulle a deixar o ensino e a compaxinar o seu traballo como bibliotecario e editor de Die neue Rundschau coa escritura de dúas novelas curtas sobre as relacións sexuais, Unións (1911).

Musil serviu no exército imperial durante a primeira guerra mundial e despois foi funcionario civil na nova República de Austria, entre 1919 e 1922, antes de dedicarse enteiramente a escribir. Publicou un libro de contos, Tres mulleres, en 1924. Salvo dous anos en Berlín (1931-1933), viviu en Viena ata a anexión de Austria á Alemaña nazi en 1938, cando se exiliou en Suíza. Morreu en Xenebra en 1942.

Neste lapso a súa tarefa fundamental foi escribir unha longa (dous volumes), panorámica e inacabada novela, O home sen atributos (1930-1943), que examina a existencia sen obxectivos do seu personaxe principal, Ulrich, un antiheroe, sobre o fondo dunha minuciosa recreación da sociedade austríaca anterior a 1914 en plena crise. O home sen atributos constitúe unha das obras narrativas máis ambiciosas do século XX e consagrou postumamente ao seu autor, como un escritor que nas súas obras combinou dun xeito excepcional a ironía coa utopía, para analizar a gran crise espiritual da súa época e a descomposición do Imperio austro-húngaro.

  • A confusión do interno Törless[3] (Die Verwirrungen des Zöglings Törleß) (1906); tamén como audio-libro ISBN 978-3-89940-194-3.
  • Vereinigungen (1911)
  • Die Schwärmer (1921 )
  • Vinzenz und die Freundin bedeutender Männer (1924)
  • Drei Frauen (1924)
  • Nachlaß zu Lebzeiten (1936)
  • Über die Dummheit (1937)
  • Der Mann ohne Eigenschaften (1931/32); tamén como audio-libro ISBN 978-3-89940-416-6
  • Gesammelte Werke. 2 Bände. Hg. v. Adolf Frisé. Reinbek, Rowohlt 1978 ISBN 3-498-04256-4

Adaptacións cinematográficas

editar

O director Volker Schlöndorff realizou en 1966 O mozo Törless, adaptación da novela que 60 anos antes realizase o autor austríaco. Era a súa primeira película, tras ser asistente de directores como Resnais, Malle e Melville. Esta película recibiu o premio FIPRESCI no Festival de Cannes así como os Premios do Cine Alemán de mellor película, guión e director e converténdose nun dos puntais, xunto a Fassbinder ou Herzog, do novo cine alemán.

  1. Le Monde's 100 Books of the Century, en Goodreads (en inglés).
  2. Bautizárono como Robert Mathias Musil, e o seu nome oficial foi Robert Mathias Edler von Musil dende o 22 de outubro de 1917, data no que o seu pai herdou o título nobiliario de Edler, até o 3 de abril de 1919, cando o emprego desta clase de título se prohibíu en Austria.
  3. Ficha da obra Arquivado 04 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en Bitraga. Publicouna Ir Indo. ISBN 978-84-7680-247-2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar