Truman Capote
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2021.) |
Truman García Capote, nado en Nova Orleáns o 30 de setembro de 1924 e finado nos Ánxeles o 25 de agosto de 1984, foi un xornalista e escritor estadounidense, principalmente coñecido pola súa novela-documento In Cold Blood (1966) e Breakfast at Tiffany's (1958).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Truman Streckfus Persons 30 de setembro de 1924 Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Morte | 25 de agosto de 1984 (59 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | insuficiencia hepática |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Greenwich High School (en) Dwight School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo, guión cinematográfico e actuación cinematográfica |
Ocupación | guionista, autobiógrafo, actor, dramaturgo, novelista, escritor, xornalista |
Período de actividade | 1943 - 1982 |
Membro de | |
Xénero artístico | Gótico sulista (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarNado como Truman Streckfus Persons, adoptaría o nome do segundo marido da súa nai, García Capote. Na súa infancia viviu nas granxas do sur dos Estados Unidos e, segundo as súas propias palabras, empezou a escribir para mitigar o illamento sufrido durante a súa infancia. Estudou no Trinity School e no St. John's Academy de Nova York. Aos 17 anos xa era un consumado xornalista: traballa para a revista The New Yorker. Con 21 anos abandona a revista e publica o relato "Miriam" na revista Mademoiselle, premiado co Premio O'Henry. A crítica lóuvao sen reservas e considérao un discípulo de Edgar Allan Poe. En 1948 aos 23 anos publícase a súa primeira novela, Other Voices, Other Rooms, unha das primeiras novelas en que se suscita de forma aberta o tema da homosexualidade. Outras novelas súas inclúen son The Grass Harp (1951) e The Muses Are Heard (1956), ademais da famosa Breakfast at Tiffany's (1958), que foi adaptada ao cine por Blake Edwards, con Audrey Hepburn no papel de Holly Golightly.
A súa novela In Cold Blood é o seu traballo máis coñecido. Con el acuñou o termo non-fiction-novel e creou un referente para o que logo foi o Novo Xornalismo americano. A novela, publicada tras 5 anos de investigación, conta o suceso real do asasinato da familia Clutter, e foi levada ao cine en 1967 por Richard Brooks. Do libro vendéronse máis de trescentos mil exemplares, permanecendo na lista dos libros máis vendidos do New York Times durante trinta e sete semanas.
As súas relacións co cine estendéronse ademais á escritura de guións, entre os que destaca o de The Innocents, de Jack Clayton (1961). Ata interpretou un papel en Murder by Death (Robert Moore, 1976).
Na década de 1950 renovou a súa actividade xornalística realizando entrevistas para a revista Playboy.
Éxito nos medios
editarUn dos máis excéntricos personaxes de Truman Capote foi el mesmo. O seu éxito literario foi acompañado dun grande éxito social, o que lle permitiu tratar con intimidade a boa parte da aristocracia neoiorquina da súa época. As súas relacións coa alta sociedade rompéronse definitivamente cando publicou algúns capítulos da súa novela inconclusa Answered Prayers: The Unfinished Novel, na que aireaba vivencias íntimas dalgúns dos seus amigos máis famosos apenas disfrazados de personaxes de ficción. El falaba desta novela como da súa grande obra, para a que tomara como modelo ao Marcel Proust de Á busca do tempo perdido.
No desgarrador autorretrato do autor e o seu imaxinario xemelgo, do seu libro Music for Chameleons dicía de si mesmo "Son alcóholico. Son drogadicto. Son homosexual. Son un xenio.", frase que desde entón se asocia con el. Este libro, último da súa bibliografía, é unha colección de relatos, no que a novela central, Handcarved Coffins é unha clara representación do espírito xornalístico do autor.
Outros libros seus son a colección de contos A Tree of Night and Other Stories (1949) ou a colección de entrevistas The Duke in His Domain, entre outros.
A súa depresión levouno a un proceso de autodestrución, dependendo cada vez máis dos psicofármacos que, combinados co alcol, deterioraron a súa saúde e as súas relacións con todos os seus amigos, ata morrer por sobredose en 1984.
Obra
editarAno | Título |
---|---|
aprox. 1943 | Summer Crossing (Publicada postumamente, foi traducido ó galego como Cruceiro de verán) |
1945 | Miriam |
1948 | Other Voices, Other Rooms |
1949 | A Tree of Night and Other Stories |
1951 | The Grass Harp |
1956 | The Muses Are Heard |
1957 | The Duke in His Domain |
1958 | Breakfast at Tiffany's |
1966 | In Cold Blood |
1968 | The Thanksgiving Visitor |
1973 | The Dogs Bark |
1980 | Music for Chameleons |
1986 | Answered Prayers: The Unfinished Novel |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Truman Capote |
Bibliografía
editar- "Capote, Truman". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 426. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Truman, Strekfus Persons". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.