Giorgio Bassani

escritor italiano

Giorgio Bassani, nado en Boloña en 1916 e finado no ano 2000, foi un escritor e xornalista italiano de orixe xudía.

Giorgio Bassani
Giorgio Bassani (1974).jpg
Nacemento4 de marzo de 1916
Lugar de nacementoBoloña
Falecemento13 de abril de 2000
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeItalia, Reino de Italia e Reino de Italia
RelixiónXudaísmo
Alma máterUniversidade de Boloña
Ocupaciónpoeta, guionista, escritor, crítico literario, xornalista, político e xornalista de opinión
IrmánsJenny Bassani Liscia
PremiosPremio Strega, Premio Viareggio, Bagutta Prize, Prêmio Antonio Feltrinelli, Prêmio Nelly Sachs e Premio Campiello
Na rede
http://fondazionegiorgiobassani.it/
IMDB: nm0060145 Allocine: 84267 Allmovie: p173700
Find a Grave: 18773420 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Universidade de Boloña co historiador Roberto Longhi e en clases privadas co tamén historiador e filósofo Benedetto Croce. En 1943 uniuse á resistencia antifascista polo que as autoridades arrestárono en Ferrara en maio de 1944, aínda que saíu en liberdade en xullo, trasladouse a Roma e alí editou a revista literaria, Botteghe oscure entre 1948 e 1960. Tamén foi editor de Paragone, xornal que fundara Longhi coa súa dona, Anna Band.

Como editor da editora Feltrinelli foi o primeiro en recoñecer o mérito literario de Il gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa. Foi vicepresidente da RAI. En 1940 publicou a súa primeira obra, Una città di pianura, pero a primeira en ser recoñecida foi un volume de relatos, Cinque storie ferraresi que publicou en 1956, ao que seguiu unha serie de novelas centradas en Ferrara, Il romanzo di Ferrara, Il giardino dei Finzi-Contini, Gli occhiali d'oro, Dietro la porta, L'airone e L'odore di fieno.