Teatro García Barbón

centro cultural en Vigo

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Teatro Afundación Vigo
Teatro García Barbón.
Localización de Teatro García Barbón en Galicia
Teatro García Barbón
Situación en Galiza
EnderezoPolicarpo Sanz, 13, Vigo. 36202, Pontevedra
CidadeVigo
PaísEspaña
Arquitecto/sDesiderio Pernas e Antonio Palacios
Propiedade deAfundación
Capacidade994
Inauguración1927
Reapertura22 de marzo de 1984
Outros nomesTeatro García Barbón
Na rede
https://www.afundacion.org/es/teatro-vigo
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Fachada traseira.

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe no Teatro Rosalía de Castro queimado polo lume no mes de febreiro de 1910, situado na mesma localización, cuxos derradeiros propietarios foron os herdeiros de Xosé García Barbón.[1][2][3]

Tralo lume as sobriñas de García Barbón encárgaronlle ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra comezouse no ano 1913 na súa localización da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa opereta Madame Pompadour. A edificación non defraudou e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.

A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo cualifícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comezos do século pasado.[4]

En 1970 adquiriuno a Caja de Ahorros de Vigo (despois Caixanova, logo Novacaixagalicia e finalmente Afundación) que pretendía convertelo nun centro cultural. Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas. Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música[4]. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984[5]. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día.[5]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar