Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo | |
---|---|
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo. | |
Enderezo | Av. de Beiramar, 59 |
Cidade | Vigo |
País | España |
Inauguración | 2011 |
Na rede | |
https://auditoriomardevigo.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Proxecto
editarFroito dun deseño encargado en 2001, sendo alcalde Lois Pérez Castrillo, ao arquitecto pontevedrés César Portela, foi construído nos terreos que anteriormente ocupaba a empresa pesqueira Casa Mar.[1] O orzamento inicial era de preto de 86 millón de euros, que chegarían a elevarse a máis de 154 millóns, para logo volver a recortarse a cifras próximas ás orixinais. Foi inaugurado no ano 2011 polo alcalde Abel Caballero e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cun concerto de Luz Casal no vestíbulo.
Descrición
editarTen sete andares (maila planta baixa e o estacionamento subterráneo de 325 prazas). Dispón de auditorio, con capacidade para 1.421 persoas e un escenario de 800 m² (o máis grade de Galicia[2]), sete salas de diferentes capacidades, cafetería e un restaurante na terraza a 28 metros de altura[3]. Conta cunha zona comercial e de oficinas, sen explotar, así como dun hotel de catro estrelas ó carón, o Hotel Carrís Beiramar con 121 habitacións, cafetería e restaurante propios, pechado no ano 2013[4] e aberto de novo en 2014.
Usos
editarDurante o seu primeiro ano de funcionamento actuaron, entre outros, James Blunt, Wilco, David Bisbal, Mónica Naranjo, Enrique Bunbury, Les Luthiers, Moncho Borrajo e o Ballet do Teatro Nacional Ruso representando Schelkúnchik e mailo Lebedínoye óziero de Tchaikovski. Representáronse, así meso, as óperas Aida de Verdi e Madama Butterfly de Puccini. Tamén tivo lugar o XVIII Congreso Nacional e XII Internacional da Medicina Xeral e de Familia.[5]
Notas
editar- ↑ O Auditorio Pazo de Congresos na páxina do Concello de Vigo.
- ↑ Vigo estrena un auditorio con vistas al mar, El País (en castelán).
- ↑ Declaracións do arquitecto ao xornal El Mundo (en castelán).
- ↑ Páxina do CH Beiramar Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en castelán, inglés e portugués e unha ligazón inoperativa á versión en galego. Consultada o 25/03/2012. Carrís é unha empresa fundada en 2006 con capital 100% galego que conta con seis hoteis en Galicia e un en Portugal.
- ↑ El auditorio cumple su primer año con eventos de todos los géneros... Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo |